Rachón: “Se en Primeira metín 26, por que non vou aportar en Preferente?”
lll
17º-23º

Rachón: “Se en Primeira metín 26, por que non vou aportar en Preferente?”

Tras marcar 26 goles en Primera, o ano que ven xogará co San Tirso en Preferente
Rachón: “Se en Primeira metín 26, por que non vou aportar en Preferente?”
Rachón posa para DXT Campeón antes de una entrevista en diciembre de 2024 | AEC

Usuario

Juan Tuñas ‘Rachón’ (Mazaricos, 1998) foi, sorprendentemente, o máximo goleador do Grupo 1 de Primeira Futgal. Sorprendentemente porque empezou a tempada como lateral no Relámpago, pero acabouna de dianteiro con 26 goles anotados, unhas cifras que lle levaron a asinar co San Tirso para a 2025-25.

 

Como viviu a súa fichaxe polo San Tirso?
Foi unha cousa que se foi falando durante o ano. Eu lévome bastante ben cos chavales do San Tirso porque estiven adestrando alí fai dous anos cando estaba no Mazaricos e sempre me dicían que tiña que ir para alí. Se tomei a decisión foi porque coñezo bastante xente e é un sitio máis ou menos coñecido.

 

E tamén para dar o salto a Preferente.
Si, iso foi o que máis me motivou a ir para alí. Se fose na mesma categoría, quedaría no Relámpago.

 

Que outros factores influiron na súa decisión?
Céntrome en que quero probarme nunha categoría na que estiven fai anos, pero era xuvenil aínda. É a primeira vez que te enfrentas a isto como sénior, é para probarme eu e ver ata onde podo chegar. Sei que a competencia vai ser bastante máis dura. É a primeira vez que me vexo como parte do primeiro equipo en Preferente.

 

En principio si que me dixo que me quere para xogar arriba ou nunha banda, que para atrás ten cuberto e a súa idea é que xogue máis arriba

 

Non tivo oportunidades antes de xogar en Preferente?
Non se deron. Despois empecei a tomarme o fútbol máis coma un hobbie. Este último ano si que o tomei máis en serio, pero antes xogaba cos amigos. Agora, como vin que cando o tomas un pouquiño en serio, as cousas van saíndo mellor, quería probarme a ver ata onde podo chegar.

 

Que falou con Fabio? Vai xogar de lateral ou de dianteiro?
En principio si que me dixo que me quere para xogar arriba ou nunha banda, que para atrás ten cuberto e a súa idea é que xogue máis arriba. Un pouco coma no Relámpago, que tampouco tiña unha posición fixa, dou a posibilidade de xogar en varios sitios arriba.

 

Como foi esa reconversión?
Cando era xuvenil era mediapunta, pero cando ía co sénior sempre xogaba de lateral esquerdo. Despois, en todos os equipos polos que pasei sempre xoguei de lateral, pero sempre que xogaba arriba tiña ocasións ou marcaba algún gol. Fai dúas tempadas, no Mazaricos, falei co adestrador de díxenlle que quería xogar arriba, que non me vía para xogar atrás e resulta que foi o ano que marquei vinte goles porque saiume todo bastante ben. O ano pasado, cando cheguei ao Relámpago, empecei de lateral ata a jornada dez, pero tiven a sorte de que nun partido marquei dous goles e acabei xogando arriba porque había moitas lesións. 

 

Polo menos non foi nada grave e, en principio, estarei na pretemporada para adestrar sen ningún problema

 

A primeira volta non foi moi boa, pero remataron por pelexar o playoff.
A liga foi moi igualada, o primeiro podía perder co último. Foi o que nos deu esa opción de poder chegar ao playoff. Tivo moito que ver que o equipo cambiou a mentalidade en decembro, cando xogamos contra o Numancia de Ares alí e ganamos. Foi cando vimos que o equipo daba para máis, porque foi un partido moi malo noso, pero aínda así o sacamos adiante.

 

Que cree que lles faltou neses últimos partidos?
Creo que o que máis dano nos fixo foi o empate co Victoria unhas xornadas atrás. Nós vimos que ese partido tiña que ser noso e marcáronnos un gol no tempo engadido que foi un gol garrafal noso. Se gañábamos ese partido poñíamonos líderes e foi un mazazo. Despois tivemos lesións, estábamos nunha dinámica de moral baixa e a pelota parecía que non quería entrar.

 

Como está da súa lesión?
Foi no xeonllo contra o Meicende. Choquei cun rival e fíxome un movemento raro o xeonllo. Non teño nada roto, pero aínda estou recuperando e tomándoo con calma porque non hai liga, pero fixo que me perdera eses últimos tres partidos. Foi unha pena porque é bonito acabar o ano no campo. Polo menos non foi nada grave e, en principio, estarei na pretemporada para adestrar sen ningún problema.

 

É algo que me fixo moita ilusión e é un chute de enerxía para a temporada que ven

 

Marcou vinteseis goles, o tope do Grupo 1.
Cando íamos pola xornada quince, eu metíamo co adestrado dicídolle que me quería para lateral e ao final ía rematar como pichichi. Sempre o tomábamos a coña, non lle dábamos importancia porque pensábamos que era unha racha e ía para en algún momento. Ao final empezas a crer que non tes nada que envidiarlle aos demáis dianteiros da liga. Sabía que eu tiña as miñas dúas ocasións por partido e que malo sería que unha non fora para dentro. 

 

Tiña moita confianza dos compañeiros e a verdade é que quedei pichichi con moita diferencia co segundo. É algo que me fixo moita ilusión e é un chute de enerxía para a temporada que ven. Eu vou coas expectativas de competir e intentar facelo o mellor posible, pero se en Primeira marquei 26 goles, por que non vou poder aportar cousas positivas en Preferente? A diferencia entre Primeira e Preferente acrecentouse moito e sei que o salto vai ser complicado, pero vou mentalizado de que ao principio se cadra non vai ser sinxelo. 

Rachón: “Se en Primeira metín 26, por que non vou aportar en Preferente?”

Te puede interesar