David Pena (A Coruña, 1998), foi un dos grandes protagonistas do partido que enfrontou o pasado domingo a Olimpico de Rutis e Victoria en Vilaboa. Ambos equipos xogábanse moito. Os locales podían clasificarse para o playoff, mentres que os visitantes podía certificar o su ascenso a Preferente de xeito directo. Para asegurar eses obxectivos, ambos dependían de si mesmos, sabendo que unha victoria o garantía.
O partido foi igualado, con ocasións para ambos e algo máis de dominio local. Os de Rutis fixeron honor ao nome do seu equipo e adiantáronse no marcador cun gol de córner olímpico, o que obrigaba ao Victoria a volcarse sobre a portería rival. Foi entón cando se erixiu a figura de David Pena, salvando aos seus en máis dunha ocasión para sellar tanto a victoria como o billete para o playoff de ascenso a Preferente.
Cómo viviu o partido contra o Victoria?
Foi un partido moi igualado, todos nos estábamos a xogar moito e notábase. NIngún equipo saíu a especular, fomos con todo. Atrás os dous equipos estivemos moi ben e despois había que aproveitar as ocasións. A diferencia nestes partidos está nas dúas áreas.
Ían facendo contas con outros partidos e resultados?
Non sei como foi o seu caso, pero nós tíñamos claro que precisábamos gañar, en ningún momento pensamos nun empate. Era un partido na casa, onde adoitamos ser un equipo bastante forte e sólido. Para nós, desde dentro, sentíamos que éramos mellores e saímos a gañar. Sabíamos que o Orillamar non ía pinchar e eles supoño que terían claro que o Maniños sería moi raro que pinchara co Oza, porque nin eles nin o Marte se estaban xogando nada xa.
Sentíamos que éramos mellores e saímos a gañar
Que lle pareceu o ambiente que houbo nas gradas?
O Victoria, ao ter as categorías inferiores e o volume de xente que ten, sempre sabes que vai traer xente. A nosa, Vilaboa, cando hai partido importante sempre adoita responder, por iso somos tan fortes na casa tamén. Nótase bastate a calor da xente e sempre te leva a empurrar un pouquiño máis.
O retraso do inicio fixo que se puxeran máis nerviosos?
A min fíxome falta porque me lesionei no quecemento, veume de luxo parar un pouco.
Durante o partido non se notou, tivo unha gran actuación.
Dende a portería sempre se vive de xeito distinto aos que están correndo, eu non noto tanto a carga de minutos nin a fatiga. Eles chegaron en ocasións puntuais e hai que estar no momento que o precisa o equipo, pero non vin ningún momento que fose acoso e derribo, salvo os últimos minutos que nos botamos un pouco máis atrás. Ao final adestramos todo o ano para este tipo de partidos e tratas de estar aí para o teu equipo. Houbo momentos na tempada que igual non estiven tan acertado e puideron decantar a balanza en algún partido, pero nestes partidos sempre estás ao 200%.
Para min, na liga non houbo un equipo que me parecera mellor ca nós
Tocoulles o Carral no playoff, que lle parece o rival?
É un equipo parecido a nós, cun ambiente moi familiar e levábamos xogando contra eles varios anos ata que separaron os grupos. O ano pasado deixáronnos fora da Copa e sabemos que é un equipo duro, de feito, pode ser do peorciño que nos podía tocar. Sairemos sen medo e sen nada que perder. Eles son fortes na súa casa, polo que tentaremos sacar un bo resultado en Vilaboa e en Carral máis do mesmo. Ser un equipo serio e sólido como o fomos estas últimas once xornadas que levamos sen perder. Vimos nunha dinámica moi positiva e temos que aproveitalo.
Nunha hipotética final poderían enfrentarse de novo co Victoria. Hai ‘pique’?
A ver, normalmente, os equipos da Coruña en Vilaboa non son moi ben recibidos (risas). Pero máis alá, sempre hai algún roce en partidos de alta tensión ou dis algunha palabriña de máis, pero non. Hai xogadores que están por alí cos que temos moi bo trato como Mateo. Sempre hai algún ‘pique’, pero é parte do fútbol. Cando pita o árbitro o final, olvídaste de todo.
Teñen o obxectivo claro de ascender ou van xogar o playoff sen presión?
En ningún momento nos meten presión dende a directiva, non hai esa presión de querer ascender, pero somos conscientes de que, a nivel de equipo, podémolo facer. Para min, na liga non houbo un equipo que me parecera mellor ca nós. Comezamos moi mal e a liga é para o máis regular, pero non xoguei contra ningún equipo que me parecera superior a nós, sinceramente, salvo o Meicende na casa que nos pasou por enriba.