Sanxenxo recibirá a 31 barcos de oito nacionalidades
lll
17º-23º

Sanxenxo recibirá a 31 barcos de oito nacionalidades

Sanxenxo recibirá a 31 barcos de oito nacionalidades
Pedro Campos, o secretario xeral para o Deporte e a directora de Turismo de Galicia nas instalacións do club pontevedrés | xg

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron onte na presentación do Xacobeo 6mR Europeans 2021 no Real Club Náutico de Sanxenxo e que terá lugar do 13 ao 18 de setembro.


Nas súas verbas, Lete Lasa afirmou que Galicia “é unha potencia mundial na vela”.


O secretario xeral sinalou que a historia olímpica da vela nacional comezou en París 1924 a bordo dun 6 metros e que estes barcos foron clase olímpica de 1908 a 1952, puidéndose ver no Europeo que terá lugar estes días en Sanxenxo algunhas destas embarcacións clásicas, as mesmas que competiron naqueles Xogos.


Do mesmo xeito, subliñou a íntima relación da realeza con Sanxenxo destacando que o ‘Bribón’, patroneado polo Rei Juan Carlos e baixo a grímpola do Real Club Náutico, intentará revalidar o título de campión de Europa acadado en Francia en 2018.


Pola súa banda, Nava Castro valorou moi positivamente a organización da regata, tamén coma acontecemento vinculado á celebración do Xacobeo 2021-2022, que ademais de potenciar o deporte achegará a cultura náutica a moitas persoas, non necesariamente relacionadas con esta modalidade deportiva, que poderán gozar dun gran espectáculo.


Destacou ademais a vertente internacional deste acontecemento deportivo, no que participarán embarcacións de oito países europeos, o que tamén dará a oportunidade de promover o noso potencial náutico no resto do continente. Así, a directora de Turismo de Galicia, manifestou que para a Xunta “é unha prioridade apoiar este tipo de competicións náuticas que fortalecen a consolidación do turismo náutico galego coma un dos produtos turísticos con máis capacidade para medrar e achegar visitantes e recursos económicos ao sector”.


En total, dos quince 6 metros clásicos que participarán na regata, cinco son galegos (o propio ‘Bribón’, o ‘Stardust’ e o ‘Titia’, do RCN Sanxenxo; o ‘Aida’ do RCN Coruña e o ‘Alibaba’ do Monte Real Club de Yates de Baiona). Na categoría Open, onde competirán os 6 metros máis modernos, entre os que estará ‘Stella’, tamén do RCN de Sanxenxo.


Entre os 6 metros clásicos e os open, serán 31 embarcacións das que seis teñen acento galego.

Sanxenxo recibirá a 31 barcos de oito nacionalidades

Te puede interesar