Máis dun millón de euros para os equipos da provincia da Coruña
lll
17º-23º

Máis dun millón de euros para os equipos da provincia da Coruña

Máis dun millón de euros para os equipos  da provincia da Coruña
O secretario xeral cos responsables dos clubes de Santiago e a súa zona de influencia | aec

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor López, asinou os contratos de patrocinio cos equipos das áreas de Santiago, Ferrol e A Coruña participantes no Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición.

O secretario xeral destacou a importancia dos 31 equipos de Santiago e a súa área que reciben 442.642,16 euros, o que representa máis do 14% de todo o plan. No caso da área da Coruña, os seus 46 equipos patrocinados representan ao 20% dos equipos patrocinados de todo o plan e levarán 542.291,05 euros. Os 19 equipos da área de Ferrol suman 255.245,63 euros. En representación de Abanca, estiveron presentes no acto de Santiago o director da zona do Barbanza, Jesús Soto; no acto de Ferrol, o director da zona de Ferrol, Rafael Montero; no acto de A Coruña, asistíu Mónica Buño, directora da zona de A Coruña.



Máis de dez anos


Nas súas verbas, Lete Lasa apuntou a relevancia dun programa que comezou na tempada 2009/2010 con apenas 80 equipos e un orzamento de 2,2 millóns de euros e que foi medrando ata acadar os 231 equipos patrocinados nesta última edición (125 masculinos, 99 femininos e 7 mixtos) e os 3,15 millóns de euros de orzamento global.

Os 31 equipos de Santiago e a súa área patrocinados nesta edición 2021 son o Rosalía, CB Peleteiro e Obradoiro CAB (baloncesto); a AC Leones de Santiago BBC e a Escola Os Tilos (béisbol); o Victoria CF, SD Compostela e o CD Conxo (fútbol); o Santiago Futsal e o Noia FS (fútbol sala); o CV Bruxas, CV Cabo de Cruz e o CV Dumbría (voleibol); o Espedregada TM e o Arteal (tenis de mesa); o CR Cabo da Cruz (remo); o CT Arcade feminino e masculino, CO Vedra feminino e masculino, e o Club Tríatlon Compostela (dúatlon); o CT Arcade feminino e masculino; CO Vedra feminino e masculino e a SDCN Boiro (tríatlon); o CP Rías Baixas feminino e masculino (piragüismo sprint); o CC Padronés (ciclismo) e mais o San Francisto Teo feminino e masculino (karate).

Os 46 equipos de Coruña e a súa área patrocinados son Maristas, Leyma Coruña, EB Xiria, CB Culleredo e Santo Domingo Betanzos (baloncesto); Cambre feminino e masculino e Druidas BC (béisbol e sófbol); Deportivo Abanca, Victoria CF, Deportivo Abanca B, RC Deportivo, Ural Español, CD Calasanz e RC Deportivo xuvenil (fútbol); Viaxes Amarelle FSF (fútbol sala); HC Borbolla, HC Liceo feminino e masculino e Compañía de María (hockei patíns); CRAT (rugbi); Zalaeta e Calasancias (voleibol); CP Coruña (pelota); Arteixo Dúatlon e Arteixo masculino e feminino (tríatlon); 100Tolos espada feminino e masculino, CE Coruña feminino e masculino e 100Tolos florete (esgrima); CH Coruña A feminino e masculino, CH Coruña B feminino e masculino e CH Sulyos; Sada Patín feminino e masculino (patinaxe); Firrete feminino e masculino e Ría de Betanzos feminino e masculino (piragüismo sprint); Tempo e Acordes (ximnasia) e CC Riazor (ciclismo adaptado).

Finalmente, os dezanove equipos de Ferrol e a súa área patrocinados son o Baxi Ferrol e o CB Costa Ártabra (baloncesto); o Basketmi (baloncesto en cadeira de rodas); o Racing e o Racing xuvenil (fútbol); o Valdetires Ferrol FSF, A Fervenza FSF e O Parrulo FS (fútbol sala); o CR Ferrol (rugbi); Cidade de Narón feminino e masculino (tenis de mesa); Copacabana (piragüismo caiac polo); o CR Ares (remo); o AD Náutico de Narón e o Triatlón Ferrol (dúatlon); o AD Náutico de Narón, Agrupación Náutico de Narón e o CT Ferrol (tríatlon); e mais o Ría Ferrol (atletismo). 

Máis dun millón de euros para os equipos da provincia da Coruña

Te puede interesar