Diego Rodríguez: “O ascenso non é unha obriga senón un premio ao esforzo de toda a tempada”
lll
17º-23º

Diego Rodríguez: “O ascenso non é unha obriga senón un premio ao esforzo de toda a tempada”

Diego Rodríguez: “O ascenso non é unha obriga senón un premio ao esforzo de toda a tempada”
Diego Rodríguez, polivalente futbolista del Sofán, con el que ha actuado de central, de mediocentro y de lateral | raúl lópez

Usuario

Diego Rodríguez podería ser un dos poucos futbolistas de Galicia en conseguir dous ascensos esta tempada. O primeiro foi co Bergantiños a Segunda RFEF. Agora, búscao a Terceira co Sofán.


Como explica o 0-2 da primeira xornada da fase de ascenso?

Fútbol. É a palabra que mellor define o partido desta primeira xornada. Seguimos o plan típico de partido do Carral, con ritmo alto e intensidade para asfixiar ao rival, o cal se atopou cun gol fortuito na primeira ocasión que tivo, o que condicionou o resto do partido. Continuamos insistindo no noso plan, facendo ruido en campo contrario, pero souberon xogar co marcador a favor e non permitiron que tivéramos fluidez, deixando o partido máis roto, facendo que correran os minutos e sendo sólidos en defensa. Intentámolo todo ata que chegou o 0-2 xa no desconto, que foi a sentencia.


Perder na casa nunha liga de catro xornadas é dar un paso cara atrás?

Era a primeira final destas catro que hai, e era moi importante comezar gañando. Non é un paso atrás pero si que perdemos de dar un paso adiante, o cal non significa que non sigamos na loita polo obxectivo nin coa mesma ilusión.


En que aspectos debe mellorar o equipo?

O equipo debe seguir na mesma dinámica que o trouxo ata aquí. Debemos aprender a xogar co marcador en contra e a sufrir cando o partido o requira, ademáis de coidar que as emocións non nos nublen o noso plan de partido.


As emocións non deben nublar o noso plan de partido, temos que saber sufrir


Creáronse moitas expectativas ao redor do Sofán pola súa brillante primeira fase?

Creáronse as expectativas que se tiñan que crear. O Sofán está aquí polos seus méritos propios, e está máis que xustificado que se confíe no potencial do equipo para lograr o ascenso. A afición e a directiva volcáronse por facer desta fase algo realmente ilusionante e bonito, ademáis de histórico.


Sería unha decepción non acadar o ascenso?

Para nada. Todos somos sabedores do difícil que é acadar unha desas dúas prazas que che aseguran o ascenso. O ascenso non é unha obria, senón un premio ao esforzo de toda a tempada. Todos o queremos, pero non lle quitará mérito á nosa tempada o non conseguilo.


Xogará unha final o Sofán contra a Sarriana este domingo?

Como xa dixen, cada un destes catro partidos é unha final. Unha derrota deixaríanos practicamente sen opcións e unha victoria daríanos ás para voar, polo tanto hai que darlle a importancia que se merece, pero non máis que aos demáis encontros da fase de ascenso.


Que coñecen do seu próximo rival?

Que segue un pouco o esquema da tempada pasada. Un rival forte, con gañas de ascender e que ven de saír derrotado na primeira xornada, moi similares a nós nese senso.


Tras case toda unha tempada co Bergantiños, fíxose raro para ti regresar ao Sofán?

En absoluto. Foi como retomar a competición que quedou a medias a tempada pasada. O grupo é practicamente o mesmo, tamén o corpo técnico e a directiva, e sempre estou moi a gusto no Carral. Só tiña que volver adaptarme á liga e ao seu ritmo de xogo.


Que diferencias atopas entre a Terceira e a Preferente?

Quizáis a Terceira é unha liga un pouco máis ‘profesional’. Ten moito ritmo e xogadores de altísima calidade en practicamente todos os equipos, aínda que na Preferente o ritmo non se queda atrás e tamén hai xogadores de moi bo pé.


A afición e a directiva volcáronse por facer desta fase algo histórico


Cambia moito xogar nas Eiroas a facelo no Carral?

Evidentemente, a comparativa das dimensións de ambos campos é a principal diferenza. Tamén se nota o ambiente da afición no Carral, máis preto ao equipo pola disposición das gradas. No campo do Sofán créanse partidos máis frenéticos e entretidos. Todo iso fai que As Eiroas e o Carral sexan escenarios completamente distintos.


No Bergan xogou de central e de lateral. Ten no Sofán unha posición máis definida?

Polo de agora xoguei tanto de mediocentro, como de central e lateral. Pódese dicir que adapto a miña posición en función das necesidades do equipo.


Contra o Noia foi substituido a falta dun cuarto de hora para o final. Foi unha decisión técnica ou tivo algún problema?

Nos intres finais, onde había constantes idas e voltas necesítase xente que poida curtar un contraataque. Eu estaba con tarxeta e non podíamos arriscar a unha vermella, De aí veu o cambio.


De conseguir o ascenso, podería subir de categoría dúas veces na mesma tempada. Pensou niso algunha vez?

É algo que vive na miña cabeza, que me fai moita ilusión, pero que non me obsesiona. Sen dúbida, sería algo irrepetible e non é doado que volva ter esta oportunidade. Sería digno de enmarcar na miña curta carreira. Espero conseguilo.


Despois de estar a cabalo entre o primeiro equipo e o filial, onde se ve Diego Rodríguez na próxima campaña?

Onde mo permitan os meus estudos, que como xa dixen nalgunha ocasión, teño que adaptarme a eles. Polo tanto, o meu futuro é unha incógnita a día de hoxe.

Diego Rodríguez: “O ascenso non é unha obriga senón un premio ao esforzo de toda a tempada”

Te puede interesar