Máis de 150 pilotos estarán na proba do 25 aniversario
lll
17º-23º

Máis de 150 pilotos estarán na proba do 25 aniversario

Máis de 150 pilotos estarán na proba do 25 aniversario
Álvaro Muñiz, de One Seven, e Mónica Martínez na presentación | aec

Usuario

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, participou na presentación da XXV edición do Rally de A Coruña que terá lugar entre o venres e o domingo. A proba reunirá un total de 153 pilotos, récord de participación e con tres deles aspirantes ao título: Víctor Senra, Iago Caamaño e Alberto Meira. A cita automobilística, organizada pola escuadra One Seven, é o arranque do Campionato Galego.


A responsable de Deportes destacou as ganas de asfalto e competición que se viven na cidade cunha proba que retorna despois dun ano moi complicado. Martínez apuntou que o ralli discorrerá de novo por chan herculino cun esquema renovado. A cidade será de novo a protagonista e a proba contará cun novo percorrido. “Un dos atractivos desta proba é sen dúbida a recuperación dun treito urbano, que percorrerá case 3 quilómetros pola zona do parque de Bens. Este será o treito co que remate a carreira, e oxalá sexa decisivo”, confirmou.


A Coruña é, dixo, un referente na cultura deportiva e tras este gran parón que supuxo a pandemia, regresamos con novos retos e probas, con iniciativas que fomenten a afección: “sabemos que moitas coruñesas e moitos coruñeses agardan con ilusión esta data. Os/as pilotos/as, a organización e o Concello aínda máis porque o feito de que se poida celebrar confírmanos que nos estamos a recuperar pouco a pouco”.


Martínez subliñou a repercusión que teñen os rallis na nosa comunidade e o público que moven. “As ganas de carreiras non son só para as e so pilotos, tamén para a afección e, por iso, desde o Concello non deixaremos de apoiar todas as prácticas deportivas. pero nesta ocasión pedimos encarecidamente responsabilidade”, sinalou.


E lembrou que, tal e como sinalou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, aínda que a situación mellora, non se pode esquecer que estamos en pandemia e con moitas restricións. “Cremos que a saúde é o máis importante porque é un elemento determinante da calidade de vida polo que pedimos moita prudencia para evitar aglomeracións”, dixo a concelleira.

Máis de 150 pilotos estarán na proba do 25 aniversario

Te puede interesar