Elas tamén xogan na Costa
lll
17º-23º

Elas tamén xogan na Costa

Elas tamén xogan na Costa
06 agosto 2018 / 10 agosto 2018 Fútbol Femenino Copa Diputación Bergantiños-Deportivo Abanca 0-13

Usuario

Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), acompañado de varios directivos e do subdelegado Manuel Corredoira, reuniuse esta semana cos clubes da Costa da Morte na sede de Baio para tratar asuntos relativos á Copa da Costa.

En primeiro lugar Louzán presentou oficialmente a Silvia Cancela ante todos os clubes como a directiva da Federación responsable desta subdelegación, a cal traballa xa codo con codo con Corredoira. Silvia agradeceu a confianza e púxose a disposicións de todos os clubes.


E xa entrados en materia, en primeiro lugar o presidente da RFGF anunciou unha importante novidade: Por primeira vez vai a celebrarse a Copa da Costa Feminina. Louzán asumira este compromiso o ano pasado e estaba convencido de poder levalo a cabo. Ante a ausencia de equipos femininos na zona, só se poderá celebrar un partido (final directa) que xogarán o ED Os Miúdos, de Muros, e o Bergantiños, de Carballo. A final feminina disputarase o mesmo día que a final masculina e na mesma sede, pero falta concretar si será pola mañá ou pola tarde xusto antes da masculina.


Os clubes foron convocados co fin de definir un modelo de competición da Copa da Costa co maior consenso posible. A Federación presentaba catro propostas e logo de escoitar as distintas opinións e de proceder a unha votación a doble volta acordouso que a Copa da Costa 2019 se dispute a partido único ata a eliminatoria de cuartos de final, xogando na casa os equipos de inferior categoría ou aqueles que salgan primeiro no sorteo no caso de ser da mesma categoría. Os cuartos e as semifinais serán a doble partido e a final será como habitualmente: un partido nunha sede neutral.

O sorteo realizarase no mes de febreiro e serán convocados todos os clubes.

Elas tamén xogan na Costa

Te puede interesar