Iván Cancela: “Poder traballar con este grupo humano de xogadores foi unha gozada”
lll
17º-23º

Iván Cancela: “Poder traballar con este grupo humano de xogadores foi unha gozada”

Iván Cancela: “Poder traballar con este grupo humano de xogadores foi unha gozada”
Iván Cancela, seleccionador galego, con Richi Civera, o seu homónimo en Aragón, antes da final do pasado domingo | Futgal

Usuario

Agradecido. Iván Cancela, seleccionador galego, só ten boas palabras para os seus futbolistas e o seu ‘staff’ despois do subcampionato de España do pasado domingo.

 

Que sensacións ten un día despois da final contra Aragón?
A sensacións son agridoces. Por unha parte fastidiados porque sempre é doloroso a unha final e perdelo pero, por outra parte, tamén deben sentirnos orgullosos porque son 19 seleccións as que optan a estar na final. Competimos ben pero encontrámonos con varias circunstancias que non nos permitiron da mellor maneira posible, pero tivemos un gran rival moi competitivo.

 

No fútbol é difícil falar de xustiza pero, mereceu máis Galicia?
Tivemos varias ocasións para poder ir á prórroga pero non fomos quen de materializalas e hai que poñer en valor que tiñamos un rival potente. Por número de opcións de gol puidemos chegar á prórroga.

 

O partido púxose de cara moi pronto co gol de Otero. Que lle faltou ao equipo para ser capaz de manter o resultado?
Otero é moi importante para nós, sobre todo cando hai espacios ás costa dos centrais. Estabamos entrando moi ben polas bandas, sucedeu a lesión de Otero, que é unha circunstancia máis do fútbol e entrou Cambón, que tamén o fixo moi ben. Houbo cinco minutos fatídicos entre o final da primeira parte e o comezo da segunda. Cometemos dous errores que fixeron que o rival volteara o resultado. Co noso sistema 1-4-2-3-1 igualámolos a todo o campo para poder facer máis dano e saiunos ben en canto a ter varias ocasións. Ao final trocamos ao 1-3-5-2 e conseguimos facer moitos centros pero Aragón foi forto no xogo aéreo defensivo.


Cal é a lectura positiva que fai do partido de Galicia?
Loitamos ata o final, deixamos todo no campo, competimos ata o último minuto. Con todos os posicionamientos que adoptamos conseguimos cousas diferentes para poder remontar o partido. Ata que Aragón marcou o gol fomos superiores tanto no control do balón como no control do partido.

 

Houbo aspectos nos que o equipo puido estar mellor?
Cometemos erros puntuais en momento chave do partido que eran evitables. Nunha final, calquera mínimo detalle pode penalizarte. Eran situacións que se podían evitar pero o fútbol é así.

 

É un fin de ciclo esta derrota?
Non creo que sexa o final dun ciclo. Se se lle pode chamar ciclo a estes tres campionatos, a nota é de sobresaínte porque conseguimos gañar un campionato de España, un campionato de Europa e un subcampionato de España. Houbo unha xeración de xogadores que nos deu moito e non creo que sexa un fin de etapa para moitos. Para algún si porque no fútbol todo cambia e os estados de forma son diferentes dunha temporada a outra. Na próxima intentaremos levar os xogadores que cremos que son os apropiados para a competición. Intentaremos equivocarnos o mínimo posible na elección dos futbolistas.

 

Foron 16 partidos sen perder.
Non é nada doado. Esta competición é moi esixente con partidos moi difíciles e dámoslle moito valor. Se non fixeramos 16 partidos sen perder, obviamente xa non poderíamos conseguir o que conseguimos nos tres torneos que xogamos.

 

Cal foi a mensaxe que lle deu Iván aos seus xogadores?
Gratitude. Estou moi agradecido por poder disfrutar duns grandes profesionais e dunhas grandes persoas cunha cultura deportiva incrible sempre con boa predisposición e sempre empurrando todos cara o mesmo lado. Foi unha gozada poder traballar con estes xogadores. En canto ao ‘staff’ non hai nada que dicir. Somos unha familia con xente súper currante, moi preparada e gracias a eles tamén se conseguiu este éxito.

 

Que obxectivos se marca a partir de agora como seleccionador?
Preparar o mellor posible o seguinte campionato de España. Facer ‘scouting’ de posibles xogadores seleccionables que para o formato de competición e para o noso estilo de xogo se adapten o mellor posible.

Iván Cancela: “Poder traballar con este grupo humano de xogadores foi unha gozada”

Te puede interesar