A Xunta destina 2,7 millóns á dotación de equipamento
lll
17º-23º

A Xunta destina 2,7 millóns á dotación de equipamento

A Xunta destina 2,7 millóns á dotación de equipamento
O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, cos rapaces das categorías de formación do Club Náutico Firrete | moncho fuentes

Usuario

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, o Club Náutico Firrete, unha das 97 entidades beneficiarias da orde de axudas para a adquisición de equipamentos deportivos destinados á clubs e federacións deportivas. 
 

A Xunta destina a esta convocatoria 700.000 euros, aos que se suman outros 2 millóns doutra orde dirixida ao desenvolvemento de actividades deportivas por parte de clubs e núcleos de adestramento deportivos, e de sociedades anónimas e seccións deportivas que, como anunciou tamén Calvo, se resolverán en breve. Polo tanto, o investimento total acada os 2,7 millóns. 
 

Ademais destas dúas liñas de axudas, a Administración autonómica mantén o seu compromiso co deporte co patrocinio de eventos, de equipos e de deportistas de alto nivel. 
 

A orde de subvencións para equipamento deportivo achega aos beneficiarios material específico destinado á participación en competicións deportivas oficiais ou á realización de adestramentos, material non específico como transporte ou equipamento de ximnasio e material sanitario. 
 

O CN Firrete de Pontedeume, recibiu unha achega de 10.000 euros –a contía máxima por entidade– que se investirán na compra dunha embarcación, unha máquina elíptica, un desfribilador e unha caixa de primeiros auxilios. 
 

Entre os conceptos financiados inclúense seguros, inscricións en competicións e os seus gastos de transporte, manutención e aloxamento en eventos; arbitraxes; aluguer de instalacións; así como produtos sanitarios, gastos de ambulancias ou relacionados coa prevención e a seguridade.

A Xunta destina 2,7 millóns á dotación de equipamento

Te puede interesar