Todo listo para a Carreira Alternativa ‘Pola inclusión e a igualdade’
lll
17º-23º

Todo listo para a Carreira Alternativa ‘Pola inclusión e a igualdade’

Todo listo para a Carreira Alternativa ‘Pola inclusión e a igualdade’
A alcaldesa Inés Rey presentou a proba xunto a Eduardo Blanco, presidente de AGAXEDE | Concello da Coruña

Usuario

A Coruña acollerá o vindeiro domingo 30 de abril a XXVIII Carreira Alternativa, unha proba inclusiva e igualitaria que se celebra desde fai 28 anos, organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) no marco do seu 25º aniversario, e que conta coa colaboración do Concello e a Deputación de A Coruña.

 

Un millar de persoas participarán nun evento pioneiro na Coruña, que partirá de María Pita ás 11.00 horas cun vehículo da policía local que marcará o ritmo máximo do desprazamiento.

 

O circuíto continuará pola Mariña ata o Obelisco e subirá pola rúa Nova e a rúa Alta ata o Paseo Marítimo, que os participantes percorrerán en dirección á Torre de Hércules, volvendo a María Pita polo Parrote, sempre por asfalto, agás no tramo de obras do paseo, á altura dos Pelamios.

 

Na súa 28ª edición, o lema da Carreira Alternativa será ‘Pola inclusión e a igualdade’ e desde a organización da proba inciden en que non se trata dunha competición, senón dun evento lúdico que se pode facer correndo, andando, en patíns, en bicicleta ou en cadeira de rodas

 

“Esta carreira ten un forte compoñente reivindicativo e nesta edición o seu lema fala de valores que poñemos en práctica a diario na Coruña e que fan desta unha cidade aberta a todas as persoas”, sinalou a alcaldesa, Inés Rey, na presentación da proba, celebrada onte no Palacio Municipal en María Pita, xunto a Eduardo Blanco, presidente de AGAXEDE e promotor da proba.

 

Sen inscrición obrigatoria, salvo para ter o seguro de accidentes, a proba non contará con dorsais, reforzando o seu carácter lúdico. Na praza de María Pita haberá diferentes actividades e xogos para todos os públicos. Ademáis, distribuiranse camisetas e bebidas ata que se esgoten e nas estacións de xogos, boletos para participar no sorteo final.

 

O deportista coruñés Fernando Romay, exxogador de baloncesto do Real Madrid e da selección española, coa que conquistou unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Os Ánxeles 1984, apadriñará a proba un ano máis.

Todo listo para a Carreira Alternativa ‘Pola inclusión e a igualdade’

Te puede interesar