Sétimo Congreso Galego, no 25º aniversario de AGAXEDE
lll
17º-23º

Sétimo Congreso Galego, no 25º aniversario de AGAXEDE

Sétimo Congreso Galego, no 25º aniversario de AGAXEDE
Eduardo Blanco, presidente de AGAXEDE, con algúns dos participantes no Congreso | Cedida

Usuario

Santiago de Compostela acolleu o VII Congreso Galego de Xestión Deportiva, organizado por AGAXEDE no marco do seu vintecinco aniversario, e que contou coa colaboración da Secretaría Xeral para o  Deporte, a Fundación Deporte Joven e o Comité Olímpico Español. 


Os clubs deportivos son a estrutura organizativa orixinaria do deporte moderno e xunto coas  federacións, fundacións e outras asociacións deportivas conforman o chamado ‘Terceiro  sector do deporte’. Esta foi a razón do contido do Congreso, baixo o título ‘Problemática e retos dos clubs deportivos’.


Intervirán Francisco Cacharro Gosende, coordinador  xeral de administración municipal do Concelle de Ourense; José María Cabrera Domínguez, director de fondos Next Generation da Consellería de Turismo, Industria e Comercio do Goberno de Canarias; Manel Valcarce Torrente, CEO na consultoría deportiva Valgo Investment, e Alfonso Sanz Clavijo, profesor titular de dereito financeiro e tributario da Universidade de Cádiz. 


Ademais houbo unha mesa redonda na que participarontres clubs galegos: Pontevedra Club de Fútbol SAD, Club Fluvial de Lugo e Club Boxeo-Kick Boxing Coruña (BKC), moderados por Iván Clavel San Emeterio, xerente da Fundación Deporte Galego. 

 

Sétimo Congreso Galego, no 25º aniversario de AGAXEDE

Te puede interesar