Os mellores pelotaris cítanse na Coruña
lll
17º-23º

Os mellores pelotaris cítanse na Coruña

Os mellores pelotaris cítanse na Coruña
O Gran Premio Internacional xogaranse dúas modalidades de pelota: a paleta de coiro e a de pala curta | Cedida

Usuario

A Coruña acolle esta fin de semana unha cita histórica para a modalidade deportiva de pelota. En concreto, o frontón da cidade deportiva Arsenio Iglesias será testigo, dende hoxe ata o domingo, do I Gran Premio Internacional de Pelota Cidade da Coruña.
Esta competición internacional está impulsada polo Concello e busca “afianzar este deporte na cidade a través dunha competición con vocación anual e de gran relevancia mundial”, sinalou o  concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.


Ademais, engadiu que “A nosa alcaldesa Inés Rey continúa reafirmando a súa aposta polo deporte de alto nivel, xa que no que vai de verán a cidade acolleu numerosas competicións nacionais e internacionais” dixo.


En concreto, o I Gran Premio Internacional contará cos mellores pelotaris do mundo, entre os que se atopa o campión mundial, Emiliano Skufca.


A competición comezará hoxe ás 10.00 horas, na modalidade de paleta de coiro. Abrirán a contenda Aitor Estéfano  e Javier Insausti que se enfrontarán a Lucas Hourcurigarai e Xabier Ibarlucea;. A continuación, será o turno da parella formada por Daniel Berrogui e Álvaro Medina que terán en frente a Agustí Brugués e Gonzalo Pérez Galvete. 


A partir das 12.30 horas disputarase a modalidade de pala corta, que enfrontará a Justin Dardenne e Ion Olazabal contra Jagoba Madariaga e Sylvain Brefel; e a Miki Laskoiti e Emiliano Skufca contra Rubén Ayarra e Imanol Ibáñez.


Xa o domingo disputaranse as finais e finais de consolación a partir das 10.00 horas.  Todas elas no frontón da cidade deportiva Arsenio Iglesias. Asemade, para todos os afeccionados que queran ver este espectáculo, a entrada será gratuita ata completar aforo. Senón, pódese ver a través da canle de Youtube de Galician Sports.

Os mellores pelotaris cítanse na Coruña

Te puede interesar