O Festival de Mascotas inicia Equiocio premiando o aspecto emocional
lll
17º-23º

O Festival de Mascotas inicia Equiocio premiando o aspecto emocional

O Festival de Mascotas inicia Equiocio premiando o aspecto emocional
Participante do Festival de Mascotas nunha edición pasada | AEC- D. A. alexandre

Usuario

A primeira actividade que inaugura esta edición de Equiocio é o clásico Festival de Mascotas, previsto para as 18h, que se desenvolverá o hoxe no Campo das Cabazas de Covas, en Ferrol. Trátase dun evento patrocinado por Hill’s que pretende incentivar o coidado dos animais e apreciar a súa contribución á convivencia.


As mascotas participantes serán presentadas ao público polos seus donos, de xeito que se mostre o vínculo que os une, os beneficios da súa presenza na contorna familiar ou a súa propia historia. Haberá tres premios especiais para repartir, á marxe dos agasallos que recibirán todas as mascotas involucradas, que galardoarán o aspecto emocional fronte a raza, pedigrí ou estética. Estas recompensas exclusivas irán destinadas aos competidores que presenten cualidades excepcionais, por constituír un exemplo de superación, de interacción coa familia ou pola xenerosidade e adicación dos donos coas súas mascotas.


Os gañadores serán seleccionados por un xurado que estará formado pola delegada do patrocinio, Laura Cogollos; Beatriz Capón, da Peluquería canina A Malata; unha representante da Protectora Arco da Vella e a veterinaria Montse Fernández.


Para asistir ao evento como concursante é obrigatorio estar inscrito na competición. Se quedasen prazas libres, será posible anotarse no propio festival, media hora antes do inicio. Non obstante, para apuntarse con antelación habería que descargar da páxina web do certame un boletín de inscrición e posteriormente envialo ao seguinte correo electrónico: equiociocomunicacion@gmail.com.


Os animais que se presenten deberán amosar un bo estado de saúde e estar debidamente coidados. No caso das especies exóticas, os donos deberán acreditar a súa propiedade e xustificar que a situación legal sexa axeitada

O Festival de Mascotas inicia Equiocio premiando o aspecto emocional

Te puede interesar