O Estrela Supernova, campión de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete
lll
17º-23º

O Estrela Supernova, campión de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete

O Estrela Supernova, campión de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete
Estrela Supernova

Usuario

O Estrela Supernova galego converteuse no novo campión do Fèile, o torneo por excelencia da base do fútbol gaélico europeo. Este título convérteos en campións de Europa desta modalidade na categoría cadete. 


Na cita, disputada en Amsterdam, participaron 12 clubs chegados de 6 países diferentes. O coordinador xeral das Gaélico Escolas e un dos adestradores do equipo xunto con David de la Torre, Alexandre Sanmartín puña en valor o traballo previo “os rapaces estiveron preparándose para o torneo nas semanas anteriores, participando incluso en partidos con adultos” e declarou que o equipo galego foi “o claro dominador do torneo de principio a fin” e cualificou a vitoria como “merecida”. 


O Estrela Supernova conformouse da unión de O Pino (gañadores da Copa Galega) que achegaron 7 futbolistas, o Boqueixón que sumou catro e o Friol que aportou o dous xogadores. O conxunto demostrou que cando Galicia xunta o seu talento, acada grandes logros. Este triunfo da conta tamén do bo facer realizado nas Gaélico Escolas PuntoGal nestes anos e do futuro que ten esta disciplina en terras galegas. 


O Fèile é unha competición mixta que se disputou en dous grupos. Os dous primeiros de cada grupo pasaba as semifinais e os 3.º e 4.º á plate.

 
Os resultados do Estrela Supernova foron os seguintes:


VS Liffre: 12-0
VS Amsterdam/Den Haag: 37-0
VS Luxemburgo B: 24-1
VS Setanta Berlin: 20-0
VS Basel (semifinal): 25-1
VS Luxemburgo A (final): 26-1

 

Sanmartín: “As Gaélico Escolas PuntoGal dan froito”
Alexandre Sanmartín, coordinador xeral das Gaélico Escolas PuntoGal amosaba a súa ledicia logo deste grande éxito. “Este resultado é o culmen do traballo que levamos feito todos estes anos coa base. Como se pode ver o esforzo de anos nas Gaélico Escolas da froito. O proxecto medra ano a ano con incremento de escolas, academias... é un proxecto modesto que crece pouco a pouco. Gustaríanos solicitar toda a axuda posible para poder continuar desenvolvendo este proxecto e incrementando a súa proxección. Con máis apoios, as Gaélico Escolas PuntoGal poderían seguir medrando nos vindeiros anos. Por iso apelamos á implicación de máis entidades locais e autonómicas, así como empresas que colaboren co crecemento desta iniciativa”, explicaba Sanmartín.


Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) faise un especial agradecemento ás familias e centros escolares dos deportistas participantes a súa boa disposición para que puidesen participar. Así como á RFGF e á Xunta de Galicia pola axuda loxística en parte dos desprazamento. Nada disto sería posible sen o patrocinio de PuntoGal ás Gaélico Escolas, un dos piares da base do gaélico galego nos últimos anos. Tamén cómpre citar a Contravento que é outro dos patrocinadores. 

 

O Estrela Supernova, campión de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete

Te puede interesar