O Concello abre o prazo de inscrición para o programa municipal de natación escolar
lll
17º-23º

O Concello abre o prazo de inscrición para o programa municipal de natación escolar

O Concello abre o prazo de inscrición para o programa municipal de natación escolar

Usuario

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, abriu onte o prazo de inscrición para o Programa Municipal de Natación Escolar 2022-2023, dirixida exclusivamente a escolares en terceiro e cuarto ano de primaria dos centros de ensino público da cidade.


O Programa Municipal de Natación Escolar, que este ano oferta un total de 500 prazas e implica a 27 CEIP situados no termo municipal da Coruña, ten como principal obxectivo fomentar hábitos saudables entre as e os máis pequenos, achegándoos ás disciplinas deportivas no medio acuático.


Neste sentido, as actividades de natación escolar, que comezarán o vindeiro luns 3 de outubro, levaranse a cabo entre a Piscina Municipal de Riazor (170 prazas), a Piscina Municipal do Club do Mar de San Amaro (265 prazas) e o Complexo Deportivo Municipal de San Diego (65 prazas).


A distribución do alumnado entre estas tres localizacións será a seguinte: Piscina Municipal de Riazor (CEIP’s Raquel Camacho; Prácticas; Emilia Pardo Bazán; Eusebio da Guarda; Labaca; San Pedro de Visma; María Barbeito y Cerviño; Concepción Arenal). Piscina Municipal do Club do Mar de San Amaro (CEIP’s Alborada; Wenceslao Fernández Flórez; Manuel Murguía; María Pita; San Francisco Javier; Torre de Hércules; Víctor López Seoane; Curros Enríquez; Cidade Vella; Sagrada Familia; José Cornide; Rosalía de Castro; Zalaeta; Novo Mesoiro). Complexo Deportivo Municipal de San Diego (CEIP’s Enrique Salgado Torres; Ramón de la Sagra; Juan Fernández Latorre; Anxo da Garda; Sal Lence).

 


O proceso de inscrición rematará o día 23 de setembro. Nesta edición, o custo por alumno/a é de 53,47 euros, cota que inclúe o transporte de ida e volta desde o seu centro educativo, así como a pertinente cobertura sanitaria.


A solicitude e o pago poderanse realizar por orde de chegada, entregando a folla de inscrición nas seguintes localizacións: Os colexios que acudan á Piscina Municipal de Riazor, nas oficinas da Cidade Deportiva de Riazor.Será necesario solicitar cita previa, a través deste enlace: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3.


Os colexios que acudan á Piscina Municipal de San Amaro, nas oficinas do Club do Mar de San Amaro. Os colexios que acudan á piscina de San Diego, nas oficinas do Complexo Deportivo Municipal de San Diego. 

O Concello abre o prazo de inscrición para o programa municipal de natación escolar

Te puede interesar