Case 400.000 euros para 32 grandes eventos na provincia coruñesa
lll
17º-23º

Case 400.000 euros para 32 grandes eventos na provincia coruñesa

Case 400.000 euros para 32 grandes eventos na provincia coruñesa
A deputada de Deportes, Cristina Capelán | dc

Usuario

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional de 32 axudas económicas a outros tantos clubs, asociacións e sociedades deportivas da provincia que levan a cabo distintos eventos deportivos de singular interese nos concellos da provincia durante o ano 2022.


As achegas provinciais, incluídas nunha das liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación, supoñen investimentos por un importe global de 399.700 euros, que teñen como obxectivo “apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que  reúnen a deportistas de gran nivel e que, ademais de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da nosa provincia a nivel nacional e internacional ”, segundo destacou a deputada de Deportes, Cristina Capelán, que subliñou que a Deputación destina este año 4,5 millóns de euros en diferentes liñas de axudas para impulsar o deporte coruñés, desde as categorías de base a grandes eventos coma estes.


Entre as axudas concedidas na convocatoria inclúense probas deportivas de renome como o Abanca Pantín Classic, 53 Ralli de Ferrol, o Northwest Triman das Pontes, o 26 Ralli da Coruña, a Volta Motociclista a Galicia, a Copa Ibérica Remo Mar, Equiocio en Ferrol, o Campionato de España de Autocross ou o Xacobeo Ralli da Auga. 

Case 400.000 euros para 32 grandes eventos na provincia coruñesa

Te puede interesar