lll

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Menú
El Ideal Gallego Diario de Ferrol Diario de Arousa
YouTube Twitter Newsletter Instagram Facebook

Carral acollerá a Copa Galicia XCM con dous percorridos

A presentación do evento | c. carral
|

Carral será a sede da primeira Copa Galicia XCM, unha proba que dará continuidade á V BTT de Carral, xa consolidada no calendario deportivo do municipio. O alcalde, Javier Gestal, o concelleiro de Deportes, Francisco Bello, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e Enrique, David e Adrián, do Club BTT Carral, presentaron o certame. 

 

Durante a súa intervención, o rexedor sinalou o “orgullo que supón para un municipio de Carral converterse no lugar de celebración dunha proba deste nivel”. A proba, que se celebrará o 21 de agosto (de 9.00 a 14.00 horas), discorrerá, principalmente, polo concello e terá 70 quilómetros de percorrido.


A I Copa Galicia XCM, organizada pola Federación en colaboración co Club BTT Carral e o Concello, buscará cumprir os seguintes obxectivos: promover a práctica deportiva entre a veciñanza, dar a coñecer a vila e as paraxes naturais e históricas do municipio e, por último, fomentar o emprego da bicicleta nos desprazamentos.  


O certame ofrecerá dous percorridos: unha maratón de 70 quilómetros e unha ruta curta de 45. Poderán anotarse ata un máximo de 400 persoas que deberán ser maiores de 16 anos para tomar parte no circuíto.


Ao remate da xornada, farase unha entrega de trofeos aos tres mellores equipos. 

Carral acollerá a Copa Galicia XCM con dous percorridos