O Campionato de España de policías locais, na Coruña
lll
17º-23º

O Campionato de España de policías locais, na Coruña

O Campionato de España  de policías locais, na Coruña
Na contorna de Bens estará o circuíto | aec

Usuario

A Coruña será o municipio no que se celebre, os días 23 e 24 de setembro, a vixésimo cuarta edición do Campionato de España de MTB de Policías Locais.

A cita, organizada pola Policía Local coruñesa a través da súa Asociación Cultural e Deportiva, e coa colaboración do Concello (a través da Concellaría de Deportes), congregará na cidade arredor de 250 persoas, con participantes nas distintas categorías das probas procedentes dun cento de municipios de toda España.

O organizador da proba, Alberto Sánchez García estivo nos últimos días promocionando a proba nas illas Canarias, co fin de atraer participantes de dita comunidade aproveitando a nova ruta directa operada por Binter que enlaza A Coruña con Las Palmas de Gran Canaria.



Representación canaria


Ciclistas de dito municipio e tamén procedentes de Lanzarote teñen confirmada xa a súa presenza no proba da Coruña.

O campionato é o único das súas características que forma parte do calendario oficial da Federación Española de Ciclismo. A carreira deste ano partirá desde O Parrote e disputarase nun circuíto deseñado para as bicicletas de montaña na contorna de Bens.

Os ciclistas darán tres voltas a un trazado de 12 kilómetros, dúas no caso das categorías feminina e de maiores de 50 anos.

A cita conta tamén co Apoio do Consorcio de Turismo, xa que ademais do seu carácter deportivo, permitirá tamén promocionar A Coruña nos concellos de toda España que toman parte nela. 

O Campionato de España de policías locais, na Coruña

Te puede interesar