A festa anual do deporte cambrés regresou para homenaxear a decenas de clubes, entidades e deportistas individuais. O alcalde, Óscar García Patiño, destacou a boa dalud do deporte do Concello e o alto nivel de clubes, entodades deportivas e deportistas que son “un orgullo para todos os cambreses”.
Ademais, na Gala, celebrada nas instalacións do INEF de Bastiagueiro, entregáronse obsequios ás entidades e aos bolseiros e bolseiras do Concello en sinal de agradecemento ao magnífico traballo que realizan durante todo o ano.
Os premiados na Gala foron os seguintes: Sporting Cambre (mellor equipo feminino), Club Baloncesto Cambre (mellor equipo masculino), Aitana Morales e Anxo lago (mellores promesas), Óscar Barrientos, do Sporting Cambre (mellor adestrador), Club Ciclista Cambre (mellor entidade deportiva), Dan Mallo Suárez (mellor deportista con diversidade funcional), Lara Fuentes García (ellor deportista individual de categorías de base). Celia Pinacho (mellor deportista de un equipo de categorías de base), Esther Liñares Iglesias (mellor deportista en categoría absoluta individual), Hodei González (mellor deportista dun equipo de categoría de base), Anxo Lago (mellor deportista individual de categoría absoluta) Serafín Ernesto Villar Gómez (mellor deportista dun equipo en categoría absoluta), Aitana Morales e Bernardo Villalba (deportistas máis queridos), Manuel González Míguez, Jorge Eiroa Carreira e Nardo Montero Lago (Premios Bernardo Bish ‘A toda unha vida’), Club Béisbol e Sofbol Cambre (mellor campaña sociodeportiva, Enya Rodríguez Rodríguez e Miguel Fernández Vasco (mellores deportistas absolutos). Tamén fíxose entrega de recoñecementos aos clubs que ascenderon: Once Caballeros, Sporting Cambre, CFA Towers e Sigrás CF.