Billarda | Xogar e xantar nas Encrobas
lll
17º-23º

Billarda | Xogar e xantar nas Encrobas

Billarda | Xogar e xantar nas Encrobas
Foto de familia de palanadores e palanadoras xunto ao monumento de Moncho Valcarce. Cedida

Usuario

O lugar de Pontoxo, ao carón da igrexa románica de San Román das Encrobas (Cerceda) e preto do monumento a Moncho Valcarce, acolleu a novena edición da xuntanza deportiva que serve de homenaxe ao cura das Encrobas.


Nunha pista de superficie mixta, baldosa de cemento e herba, única no mundo que ten un desnivel na súa parte final da herba, antes da entrada do varal, os palanadores e as palanadoras brindaron un gran espectáculo.


No Aberto Moncho Valcarce participaron equipos da provincia da Coruña, de Lugo e de Ourense, cos seguintes resultados nas categorías infantil e absoluta.


Valentín, do Filloas de Sangue coruñés, e Milagros, do Carabullo-Ponte Outeiro de Castro de Rei (Lugo) proclamáronse campións infantís. Aleixo (Cochiqueiros de Cerceda), segundo, e Lucas (Cochiqueiros de Cerceda), terceiro, completaron o podio masculino, mentres que Silvia (Cochiqueiros de Cerceda), segunda, e Irene (Cochiqueiros de Cerceda), terceira, pecharon o caixón feminino.


Entre os maiores, Xan (Lúa de Forza de Sanxenxo) foi o mellor na categoría masculina, mentres que Óscar (Campo da Feira de Paiosaco), segundo, e Ismael (Carabullo-Ponte de Outeiro de Castro de Rei), terceiro, pecharon o podio do Aberto Moncho Valcarce nas Encrobas.


A Liga Atlántica de Billarda agradeceu aos Cochiqueiros de Cerceda a magnífica organización do evento, así como a dotación de trofeos, agasallos e o convite con productos da zona para todos e todas as participantes.


A próxima xornada da liga xogarase o 12 de febreiro no campo das Chancelas en Soandres (A Laracha) ao non poder disputarse no campo da Piña. 

Billarda | Xogar e xantar nas Encrobas

Te puede interesar