AGAXEDE fallou os premios aos mellores do ano 2022
lll
17º-23º

AGAXEDE fallou os premios aos mellores do ano 2022

AGAXEDE fallou os premios aos mellores do ano 2022
O clube coruñés As Brigantias Roller Derby foi distinguido co premio á Mellor Xestión Deportiva con Persperctiva de Xénero | Patricia G. Fraga

Usuario

O Xurado dos XIII Premios Galicia a Xestión Deportiva, composto por Eduardo Blanco Pereira (presidente de AGAXEDE), Patricia Pérez Galiñanes (vicepresidenta de AGAXEDE), Xurxo Dopico Calvo (Facultade de Ciencias do Deporte a Educación Física da UDC), Juan Pedro Barco, redactor xefe de dxt campeón, Iván Clavel (xerente da Fundación Deporte Galego), Henrique Xoan Rodríguez Pantín (presidente do COLEF-Galicia), Francisco Díaz Pereira (Federación Galega deMunicipios e Provincias) e José Manuel Amado (presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e  o Benestar) reunírose en Oleiros co fin de valorar as candidaturas e decidir os galardonados.
 

O Premio Ao Mellor Xestor Deportivo foi concedido a Pedro Iglesias Santos (presidente de AEXIDEGA); ao Mellor Concello de menos de 15.000 Habitantes, a Noia; o de Mellor Entidade Pública, para o Concello de Santiago de Compostela; o de Mellor Entidade Privada, para a Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas; ao Mellor Estudo Ou Innovación, para Atlas de Covas e Cañóns de Galicia (Federación Galega de Espeleoloxía); ao, Mellor Patrocinio Deportivo, é para a a empresa Beone; o de Mellor Xestión Sostible no Deporte, para Sherpa Project Tuy; o de Xestión Deportiva de Inclusión Social, para a Orillamar SD; Mellor Actividade ou Programa Deportivo, para Proxecto de Vida Activa e Deportiva do IES Ramón Otero Pedrayo; e Xestión Deportiva con Perspectiva de Xénero, para As Brigantias Roller Derby.
 

Os Recoñecemento Especiais foron otorgados a José Luis Salvador, Ángel Cid Manzano, Concello De Oleiros e Proxecto De Billarda no Concello de San Xoan de Río
 

Os galardóns serán entregados durante o desenvolvemento da Gala que terá lugar o día 31 de marzo, ás 20.00 horas, en Pontevedra.

AGAXEDE fallou os premios aos mellores do ano 2022

Te puede interesar