Aberta a inscrición para o Coruña Corre 2023
lll
17º-23º

Aberta a inscrición para o Coruña Corre 2023

Aberta a inscrición para o Coruña Corre 2023
La Carreira de Novo Mesoiro pondrá, el 26 de noviembre, el punto final al Coruña Corre 2023 | Pedro Puig

Usuario

A décima edición do circuíto Coruña Corre bota a andar coa  apertura das inscricións para o conxunto das carreiras populares e para a súa primeira proba,  a XI Carreira Popular Torre de Hércules, que por terceira edición consecutiva estará  acompañada dunha andaina solidaria para conmemorar o Día Mundial da Muller. 
 

As persoas interesadas en participar xa poden informarse sobre o circuíto e cada unha das carreiras a  través da web de Coruña Corre.


A primeira carreira, a Torre de Hércules-Trofeo José Antonio Varela Calviño, terá lugar o sábado 18 de marzo ás 20.00 horas. A inscrición estará aberta ata ás 23.59 horas do domingo. A cota é de 3  euros máis 2 polo chip refugable. Haberá unha cota especial, de 2 euros más 1 polo chip, para desempregados, maiores de 65 anos e beneficiarios do Carné Xove.


Por outra banda, as persoas que queiran inscribirse no circuíto completo de Coruña Corre poderán facelo tamén a través da web. Este tipo de rexistro xera automáticamente a inscrición en cada unha das probas, sen necesidade de confirmar a participación de xeito individual. O custo é de 12 euros. Os participantes utilizarán o mesmo dorsal e chip para todo o circuíto. No momento da inscrición, os participantes na C21  e na 5K do pasado 12 de febreiro deberán indicalo para que se lles devolva o 50 % do prezo do circuíto.
 

O resto das probas do Coruña Corre 2023 son a seguintes: XII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma (7 de maio), XV Carreira Popular Os Rosales (21 de maio), XI Carreira Popular Matogrande (25 de xuño), XI Carreira Popular Volta a Oza (10 de setembro), VIII Carreira Popular Ventorrillo (22 de outubro) e XI Carreira Popular Novo Mesoiro (26 de novembro). 

Aberta a inscrición para o Coruña Corre 2023

Te puede interesar