Unha carreira popular polo 50 aniversario do CHUAC
lll
17º-23º

Unha carreira popular polo 50 aniversario do CHUAC

Unha carreira popular  polo 50 aniversario do CHUAC

Usuario

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes, colabora co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na organización dunha carreira popular para conmemorar o 50 aniversario da fundación do CHUAC.


Onte presentouse a proba en Eirís pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez, que estivo acompañada por Alejandro Ávila, director médico de Hospitalización e Urxencias do CHUAC, e por Marta Martínez Bejar, subdirectora de Enfemaría del CHUAC.


A carreira terá lugar o domingo 18 de decembro a partir das 10 horas. Consta dun circuíto de 5.250 metros que unirá as dúas zonas sanitarias da cidade: a avenida da Lamadosa, está o hospital universitario, e o Parrote, onde está localizado o Abente y Lago.


“Presentamos un circuíto moi asequible, plano e con costa abaixo. Trátase dunha boa oportunidade para animar á xente a practicar deporte e introducirse nas carreiras populares”, sinalou a concelleira.


Pola súa banda, Alejandro Ávila sinalou: “Ademais da parte lúdica e social que leva implícita toda celebración, esta carreira ten como obxectivo primordial destacar o deporte como unha medida de promoción da saúde”. 


Martínez quixo animar á cidadanía a participar nesta proba e inscribirse tamén nas carreiras organizadas polo Concello, cuxo calendario do 2023 xa está definido.


A inscrición será de balde para as persoas participantes no circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que finaliza o próximo 27 de novembro coa súa proba de Novo Mesoiro. O resto de participantes terán que aboar unha cota de 3 euros. As categorías inferiores tamén serán gratuítas.


A inscrición realizarase a través da web de www.championchipnorte.com e o prazo rematará o 11 de decembro ás 23.59 horas.


Ademais da proba absoluta, haberá carreiras de categorías inferiores, desde a sub18 ata a categoría Peques para nados a partir do 2015. As persoas inscritas deberán recoller o dorsal, o chip e a camiseta no Palacio dos Deportes os días 16 de decembro (de 17.00 a 21.00 horas), o 17 de decembro (de 11.00 a 20.30 horas) ou o propio domingo 18 de decembro na zona de saída da carreira desde as 09.00 horas ata o comezo da proba e a partir das 10.00 horas para as carreiras das categorías inferiores.

 

Actos conmemorativos
O Goberno de Inés Rey implícase nos actos conmemorativos polo 50 aniversario da inauguración do CHUAC, que organiza o hospital e que se veñen celebrando durante este mesmo ano.


“O percorrido deseñouse para que sexa adecuado para persoas máis adestradas e para outras menos afeitas a correr, polo que agardamos unha gran participación”, apuntou.


Ávila, o Concello e o CHUAC quixeron agradecer á Fundación María José Jove, El Corte Inglés, Progasa e Hijos de Rivera a súa colaboración para que esta carreira teña lugar. 

Unha carreira popular polo 50 aniversario do CHUAC

Te puede interesar