Coruña Corre | Máis de 1.400 persoas correrán hoxe polo CHUAC
lll
17º-23º

Coruña Corre | Máis de 1.400 persoas correrán hoxe polo CHUAC

Coruña Corre | Máis de  1.400 persoas correrán hoxe polo CHUAC
Tres mulleres participantes na proba do Ventorrillo que se celebrou o pasado mes de novembro | Javier Alborés

Usuario

Todo está preparado para pechar hoxe unha tempada máis do Coruña Corre unha cita moi especial, a que conmemora os 50 anos do CHUAC, aínda que non é puntuable para o circuíto de carreiras populares da nosa cidade. O ‘bonus track’ contará coa presencia de 1.400 deportistas, preto dun milleiro na proba absoluta, que comezará ás 10.00 horas na contorna do Parque de Eirís, nas proximidades do CHUAC, e rematará no Parrote despois de 5.250 metros de percorrido.


Despois da carreira absoluta chegará a quenda para as probas de menores de idade, xa no centro da cidade, entre as que destaca, unha vez máis, a inscripción de Peques. Apuntáronse 244 personas nadas de 2015 en diante.


A inscrición, que era gratuíta para quen se sumou ao circuíto Coruña Corre 2022 e para menores de idade, cerrouse o pasado domingo cun gran éxito de participación.


A carreira que conmemora o 50 aniversario do CHUAC contará ademáis cos servizos do resto de probas, unha ampla carta para que as persoas inscritas se sintan cómodas e poidan centrarse só en facer  deporte.


Os aseos serán os propios do Parque de Eirís, mentres que na zona de meta haberá baños portátiles. As duchas serán as do Palacio dos Deportes, das 11.00 ás 13.00 horas. O gardarroupa estará dispoñible na cúpula do Parque de Eirís das 8.45 ás 9.45 horas, momento preciso no que se trasladará á zona de meta, no Parrote, ata as 13.00 horas.


Establecerase un punto de avituallamento na liña de meta para favorecer a hidratación das persoas participantes. Na carreira absoluta, a sub-18 e a sub-16 entregarase unha barriña enerxética de Gadis. Ademais, nesas probas e no resto, haberá un boliño xentileza de Sanbrandan. Igualmente, dispoñerase de auga e facilitarase un tícket para chocolate con churros. l

Coruña Corre | Máis de 1.400 persoas correrán hoxe polo CHUAC

Te puede interesar