Lete visitou Acea da Ma e tamén dous clubs coruñeses
lll
17º-23º

Lete visitou Acea da Ma e tamén dous clubs coruñeses

Lete visitou Acea da Ma e tamén dous clubs coruñeses
No complexo cullerdense e co presidente branquiazul, Francisco Zas | xg

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou onte o complexo deportivo de Acea da Ma para supervisar o estado do parque deportivo e comprobar a evolución da obra de construción da cuberta que se está a executar na grada do campo de rugbi e que estará rematada nos vindeiros días. A Secretaría Xeral para o Deporte subvenciona esta actuación na súa totalidade achegando preto de 50.000 euros (48.364,89).

Esta obra completa as actuacións realizadas pola Xunta de Galicia no parque natural deportivo de Acea da Ma no que, entre os anos 2017 e 2018, investiu máis de 104.000 euros destinados a reformas do campo de béisbol e sófbol e do campo de rugby, onde xoga os seus partidos o CRAT.

Do mesmo xeito e tal e como fixera no Parlamento de Galicia hai unha semana, o secretario xeral para o Deporte anunciou novos investimentos para continuar na liña de mellora e optimización do complexo deportivo.


Momentos antes da súa visita a Acea da Ma, o mandatario galego mantivo na cidade de Ferrol un encontro co equipo do Parrulo FS.


E ao rematar a visita a Acea de Ma, o titular da carteira deportiva autonómica, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo un encontro de traballo na sede social do Real Club Deportivo de La Coruña ao que lle desexou “moito éxito” de cara a fase de ascenso que comeza hoxe mesmo para regresar a Primeira División. Nesta visita, o secretario xeral reuniuse tamén con Nuria Rábano, xogadora compostelá que conta cun gran palmarés internacional e que vén de ascender co Depor Abanca á primeira división nacional.
Por último, o titular do deporte galego e o delegado territorial visitaron as instalacións do Real Club Náutico da Coruña. Alí, Lete Lasa destacou o gran momento que atravesa a vela galega.

Lete visitou Acea da Ma e tamén dous clubs coruñeses

Te puede interesar