Lete Lasa rende homenaxe aos mellores
lll
17º-23º

Lete Lasa rende homenaxe aos mellores

Lete Lasa rende homenaxe aos mellores
José Ramón Lete Lasa (c) presentou onte os cinco campionatos galegos que Vigo acollerá este verán | aec

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na Casa do Deporte de Vigo os cinco campionatos galegos de tenis que terán lugar na cidade olívica do 17 ao 26 de xullo: Absoluto, de Tenis en Cadeira de Rodas, Benxamín, Alevín e Cadete.

Na súa intervención o secretario xeral lembrou a carreira deportiva da ourensán Lourdes Domínguez como “a mellor raqueta que ten dado o tenis galego”, e recordou a súa vitoria no Roland Garros junior de 1999.

Aquela xesta foi a primeira vez que unha española acadaba un Grand Slam junior e a última vez que unha galega competía nun torneo desta envergadura, ata que Jessica Bouzas conseguiu disputar o US Open junior en 2019, 20 anos despois.

Tamén referiuse Lete Lasa a Marín de la Puente, un dos mellores deportistas galegos con catro masters nacionais de tenis en cadeira de rodas, tres mundiais junior e un récord de precocidade nos Xogos Olímpicos de Río 2016.

O titular do deporte galego salientou estas tres iconas da nosa Comunidade como “pasado, presente e futuro” e que ademais representan aos tres vértices do deporte,“a base, o alto nivel e a diversidade”. Deste xeito, Domínguez, Bouzas e De la Puente representan aos “4.000 tenistas galegos federados, sendo Galicia a quinta comunidade por número de licenzas e de clubs”.

Lete Lasa amosou o seu convencemento de que “o nivel dos tenistas galegos deixará o pavillón moi alto e que presenciaremos partidos de gran calidade” nos Auronómicos. Ademais tamén confiou en que “os deportistas saberán comportarse exemplarmente dentro e fóra das pistas para que poidamos conseguir unha vitoria moito máis importante, a de frear á Covid-19”. l

Lete Lasa rende homenaxe aos mellores

Te puede interesar