Ángel García e Tere Barreira foron os mellores en Paderne
lll
17º-23º

Ángel García e Tere Barreira foron os mellores en Paderne

Ángel García e Tere Barreira foron os mellores en Paderne
Deporte Campeón-2020-01-14-024-a00540f2

Usuario

Acaba de celebrarse a Nocturna Casa de Sixto, que cumpre dez anos e que marca o inicio da tempada de orientación en Galicia.

Este ano a climatoloxía respetou a competición, a pesar dunhas temperaturas xélidas que marcaron o transcurso da carreira cando o sol abandoou o ceo de Paderne. 

A ausencia total de choiva facilitou o labor dos voluntarios e fixo que tanto pequenos coma maiores desfrutasen dunha noite de preparación para a nova tempada de orientación, mentres que outros descubrían o mundo do mapa e compás.

A carreira desputouse con total normalidade, con tres variantes en función da esixencia física e técnica dos participantes: un percorrido longo, en modalidade rogaine; unha variante media e, finalmente, a proba infantil, orientada a nenos no entorno de Casa de Sixto.

Os inscritos no percorrido longo tomaban a saída cos últimos raios de sol do día, tendo por diante tres horas para picar o maior número de balizas que se ían encontraro. O formato Score facía que os participantes tivesen que picar as estacións sen seguir unha orde preestablecida, polo que a eleción dun percorrido óptimo resultaba fundamental para alcanzar un bo resultado.

A victoria na categoría masculina foi a parar a mans do corredor do Clube Brigantia Ángel García. Segundo foi José Antonio Torviso, mentres que Óscar Fernández pechaba os postos de honra. En categoría feminina, Tere Barreira igualou a vitoria de ano pasado. Helena Rodríguez ocupou o segundo posto, e Laura Martínez foi terceira.

Na variante media, os inscritos desputaban o percorrido score cun obxectivo máis modesto e lúdico. 

En categoría feminina, o podio estivo composto por Eva Casado en primeiro lugar, Inés Valiño e Ainoa Delgado, cerrando os postos de honor. 

En canto aos homes, Pablo Fernández gañou a proba. Pola súa banda, David Casado e José Manuel Fernández quedaban segundo e terceiro, respectivamente.

Ángel García e Tere Barreira foron os mellores en Paderne

Te puede interesar