Gafas violetas para ver o fútbol de todas as cores
lll
17º-23º

Gafas violetas para ver o fútbol de todas as cores

Gafas violetas para ver o fútbol de todas as cores
Foto: Patricia G. Fraga

Usuario

O día da súa presentación xa foi en si mesmo reivindicativo. A mesma data na que a Selección Española masculina comezaba a sua andaina no Mundial de Qatar, a Asociación “A Terra, o balón máis elas” dábase a coñecer en sociedade.


Un acto que tivo lugar na Asociación veciños da Agra do Orzán e que contou coa presenza da alcaldesa Inés Rey e as concelleiras Mónica Martínez (Deportes) e Yoya Neira (Benestar Social, Participación e Igualdade).


Con Bibiana Santiso, tradutora, intérprete e profesora de inglés, coma presidenta, e que abanderou o Plan Piloto 8M2021: Elas+fútbol, un estudo elaborado en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC) e o Deportivo, lembraba a designación como sé “nun país que viola os dereitos humanos”, ademáis de ser profundamente machista e homófobo. Esta Asociación nace co obxectivo de “mudar a paisaxe futbolísitca da nosa terra, axitando conciencias e favorecendo a inclusión da muller no fútbol, fútbol sala e gaélico”.

 

Un equipo detrás

Non esta soa nesta tarefa, pois conta, entre outras, coa fisioterapeuta Andrea Seijo (Responsable de saude da muller e profesións sanitarias), a xornalista deportiva Sara Gallego (Responsable de comunicación), a futbolista Laura Graña (Responsable de fútbol) e Núñez Torrado (Responsable futsal).

 

 Todas e todos eles, dende os seus respectivos eidos, denunciaron os problemas cos que se atopan as mulleres no fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico. No caso de Seijo, expuso os impedimentos que teñen as mulleres para poder entrar na estructura técnica dos equipos masculinos e a necesidade de impulsar unha literatura científica e modelos de actuación por e para mulleres. N

 

o xornalismo deportivo, até hai poucos anos reservado exclusivamente os homes, Gallego falou sobre a falta de referentes femininas e a importancia de decirlle as vindeiras xeracións que “poden ser o que elas queiran e que podemos traballar nun entorno seguro”.


Graña apelou a “fútbol, femninismo e realidade”. O fútbol, que “pode influir positivamente, semente de valores, solidaridade e respeto”, o feminismo recollendo con fachenda “a loita das mulleres por crear equipos femininos” e realidade, que tradúcese no “auxe do fútbol feminino e a búsqueda da equidade e a inclusión”.


Pola súa banda, Núñez Torrado falou da importancia de ir da man “clubes e xogadoras”  e considera que “a igualdade e posíbel, pero precisamos de moita visibilidade e recursos”.
Un pequeno chanzo inicial pasa por poñer as gafas violetas para ver o fútbol de todas as cores. 

Gafas violetas para ver o fútbol de todas as cores

Te puede interesar