José Manuel Traba: “O novo proxecto debe pasar por Vázquez e a canteira”
lll
17º-23º

José Manuel Traba: “O novo proxecto debe pasar por Vázquez e a canteira”

José Manuel Traba: “O novo proxecto debe pasar por Vázquez e a canteira”
O exfutbolista branquiazul, natural de Fisterra, posa para este diario en foto de arquivo | aec

Usuario

Doce temporadas no RC Deportivo entre 1975 e 1988 atestiguan o bo facer dun dianteiro rematador que viviu tempos de precariedade, bastante afastado do glamour posterior no clube coruñés.

Perfecto coñecedor da Segunda División, José Manuel Traba experimentou tamén por desgracia un descenso á categoría de bronce co conxunto herculino en 1980, do que o Depor se repuxo nun so ano.

Consciente da inxustiza que se fixo co aprazamento do Deportivo-Fuenlabrada na derradeira xornada da Liga, propón unha liga de 24 equipos como mal menor; no peor dos escenarios, co equipo hipotéticamente na Segunda B, augura un trauma maior do que el mesmo padeceu no seu día.

Que cres que pode suceder nestes días nos despachos da Federación e do CSD en relación ao RC Deportivo?
Despois de todo este caos, de rumores e incertezas, sinceiramente creo que nin eles mesmos saben o que facer. Todo se lle foi das mans no último partido e se atopan nunha situación delicada. Non é doado ter a todos os equipos contentos. Varios estamentos deben decidir. Entre LFP, Federación Española e CSD terá que haber alguén con sentido común e que deixe unha Liga de 24.

Sería a mellor solución para o conflicto actual?
A menos perxudicial para os clubes no capítulo deportivo; no eido económico o reparto televisivo non sería idéntico pero despois de todo o que pasou e os erros cometidos pode ser a mellor compensación para todos os conxuntos do campeonato.

Deportivamente a tempada foi catastrófica...
Obviamente, un desastre total; deportivamente o Deportivo fixo méritos para xogar en Segunda B, as cousas como son. A pesar da profunda melloría con Fernando Vázquez arrastrábase un lastre prácticamente insalvable. Nos últimos partidos o equipo rompeuse un pouco e empañou unha segunda volta excepcional.

Había equipo para máis?
Non me cabe a menor dúbida sobre iso; aparte dun bo plantel e numeroso, o equipo era competitivo de sobra a priori.

Entón fallou o aspecto mental?
O equipo comezou gañando ao Oviedo pero nunca tivo unha continuidade seria á hora de competir; gran parte das fichaxes non se acoplaron ben. O Deportivo estaba chamado a estar na zona de arriba e pasou a sentir a obligatoriedade de ter que reaccionar. Acabou sendo moi feble. A planificación quizáis non foi a máis idónea e houbo decisións na directiva que non axudaron.

Que valoración fas de non poder ter competido na derradeira xornada no mesmo horario que o resto dos equipos?
Foi completamente inxusto, as directrices da Liga marcan a xornada unificada pero polo menos os xogadores se comprometeron e amosaron unha profesionalidade bárbara. O mellor exemplo pode ser Beauvue, que fixo miles de quilómetros para anotar os goles do triunfo contra o Fuenlabrada.

Imaxinarías ver o clube de novo na categoría de bronce 40 anos despois?
Pois non, a verdade; despois de velo campeón de Liga, de Copa e competitivo en Primeira e en Segunda é difícil pensar niso. Sería un pau gordo para a afección, a todos os niveis.

Ti que xogaches en Segunda e a Segunda B, hai tanta diferencia?
Non é o mesmo na miña época que agora, cambiou moito o fútbol. Creo que se foron estreitando as diferencias entre categorías, como vimos de comprobar co Mallorca, que subiu dous anos consecutivos desde Segunda B a Primeira. Sería para estar preocupado polo tema económico, aínda que co acordo con Abanca non pasaremos tantos apuros. En 1981 ascendemos xunto co Celta como un cohete.

No 80-81 anotaches 17 goles fundamentais para o ascenso?
Foi unha grande campaña No Deportivo aínda que no Compostela en Segunda B fixen 34 tantos, fun ‘pichichi’ da categoría a pesar de que descendemos a Terceira División. Estiven alí cedido e esa gran campaña permitiume ser profesional no Depor desde o ano seguinte.

Como reaccionou a afección en Segunda B?
Está claro que houbo desilusión naquela época pero o equipo andaba por Segunda División pelexando ás veces por ascender e outras coqueteando co descenso; o pau foi duro pero non tanto como sería o de agora despois de ver ao Deportivo campeón.

Vázquez e a canteira deben ser as liñas maestras?
Totalmente, o novo proxecto debe pasar por eles. O míster fíxo un gran traballo e coñece a casa. A canteira quedou demostrada que é necesaria co caso de Mujaid, que foi o mellor da defensa e que entrou pola lesión de compañeiros.

José Manuel Traba: “O novo proxecto debe pasar por Vázquez e a canteira”

Te puede interesar