Caravana pola xustiza
lll
17º-23º

Caravana pola xustiza

Caravana pola xustiza
O técnico do Deportivo, Fernando Vázquez, abriu a manifestación | pedro puig

Usuario

A rabia deportivista pola “inxustiza cometida por parte de  LaLiga e de Javier Tebas” contra o club coruñés chamou aos afeccionados para sacar os seus coches á rúa e formar parte dunha caravana branquiazul que espera lograr que se visualice o dano ocasionado ao  Depor e á cidade da Coruña polo perigo no que se puxo aos seus habitantes por permitir a viaxe do Fuenlabrada.

550 vehículos participaron na manifestación convocada pola Federación de Peñas, que partiu da chaira de Riazor ás 20.00 horas e que culminou na sede da Federación Galega de Fútbol aproximadamente unha hora despois.

O técnico do Deportivo, Fernando Vázquez, ocupou un sitio no coche que abriu a manifestación, xunto ao presidente da Federación de Peñas, Luis Martínez.

A caravana transitou por  Rubine, Praza de Pontevedra, Juana de Vega, Sánchez  Bregua, Alfonso Molina e Avenida da Universidade ata desembocar na rúa Juan de  Ciorraga, número 3, onde se atopa a sede da Federación Galega e onde lles recibiu o seu presidente, Rafael Louzán.

Alí, os directivos da Federación de Peñas leron un comunicado no que explicaron os motivos que lles levaron a convocar a protesta.

“Deportivistas: En primeiro lugar, queremos dar as grazas a tódalas persoas participantes na caravana automovilística”, comenzou a nota.“Sen a súa axuda non poderíamos darlle visibilidade ao problema que estamos sufrindo e á INXUSTIZA cometida por parte da Liga e do seu presidente Javier Tebas”, subliñaron os afeccionados.

“Unha vez máis quedou demostrado que os e as simpatizantes do Depor son de Primeira e que non se deixan pisar por ningunha persoa ou institución que co seu poder o único que pretende é beneficiar a uns en detrimento de outros, cando tódolos clubes deben ser tratados por igual na competición e nos despachos”.

“O pasado día 20 de xullo sobre as 7 da tarde os móbiles non paraban de recibir mensaxes e chamadas porque non dábamos crédito á situación á que nos expuxeran o Fuenlabrada e A Liga. Púxose en risco á cidade de A Coruña realizando unha viaxe que, finalmente, xa recoñeceron, non se debeu levar a cabo. Nunca entendimos, nin entenderemos cómo se puxo en risco a tantos ciudadáns e cidadás por un partido de fútbol. Primeiro está a saúde das persoas e por iso queremos unha pronta mellora de tódolos integrantes da plantilla do Fuenlabrada”, lamentaron na nota.

“Non só xerou o problema sanitario do que acabamos de falar, senon tamén un perxuizo económico á cidade e a moitas empresas da mesma”, engadiu o comunicado.

“Ademáis, ao non poder desputarse a Xornada 42 en horario unificado cometeuse un claro ATROPELO e una INXUSTIZA co Deportivo, e con tódolos equipos da Liga, adulterando gravemente a competición. Por iso desde aquela data, o único que estamos facendo é defender os dereitos do Clube e de todos os aficionados e aficionadas do Deportivo. Non imos quedarnos só nesta manifestación. Se é preciso abriremos tódalas vías de protesta e de defensa posibles, levándoas ata as últimas consecuencias”, expuxeron os afeccionados branquiazuis.

“Para rematar, e como dixemos ao principio da intervención, ¡GRAZAS! Grazas ás persoas Deportivistas, á cidade de A Coruña, ás federacións de Peñas do Lugo, Elche, Rayo Vallecano e as peñas do Numancia. E por último, tamén, á Real Federación Galega de Futbol pola axuda prestada ao permitirnos celebrar esta lectura dentro das súas instalacións”, proseguiu o comunicado, que finalizou coa mensaxe: “Non o esquezades. A unión fai a forza, nas malas moito máis!”.

Caravana pola xustiza

Te puede interesar