Hai uns días, Miguel Loureiro recoñecía nunha entrevista o seu desexo de firmar polo Deportivo para volver a casa. Este venres, o xogador de Cerceda cumpriu ese soño co acordo que o club branquiazul e a SD Huesca pecharon para o seu traspaso. Ademais dun xogador versátil e con ampla experiencia en Segunda División, el Dépor firma con Loureiro tamén identidade, sentimento de pertenza como o que mostra no seu vídeo de presentación.
Con imaxes da súa vila, Loureiro estréase como xogador deportivista mandando unha mensaxe sobre a morriña que todos os galegos entenden ben, como demostraron as imaxes recentes de todo ese grupo que vive esta semana unhas datas especiais coa visita do equipo a terras inglesas. Non podía faltar, claro, a camiseta galega desta tempada para acompañar a emotiva presentación de Loureiro co Deportivo:
"Din que a morriña é un sentimento profundo. Unha fenda no peito que aparece cando estamos lonxe do que nos fai ser quen somos. É a nostalxia da terra, da cultura, da lingua, dos recunchos que gardan a nosa historia. É querer volver ao lugar onde todo comeza. E diso os galegos sabemos ben. Sempre hai algo que nos chama, que nos invita a coller o camiño de volta ás nosas raíces. Volver a casa, volver a Galicia volver a A Coruña... volver ao Dépor"