Miguel Loureiro, uno de los fichajes del verano del Deportivo, declaró en su presentación oficial que "nunca" se llegó a imaginar como jugador del primer equipo blanquiazul y espera que el Dépor se conozca esta temporada por ser un equipo "incómodo" para los rivales. Además, reconoció que sus amigos le llaman 'viejoven' por esa capacidad de liderazgo y veteranía que tiene su fútbol, a pesar de que todavía cuenta con 28 años.
Gestación del fichaje: "Foi un tanto complicado porque había que poñerse de acordo entre o Deportivo e o Huesca e tamén había unha parte que dependía do Lugo. O Huesca sabía perfectamente cal era a miña intención. Tratei de falar con eles desde que souben do interese do Dépor para comunicarlles cal era o meu desexo e para que tratasen de buscar a mellor solución para todas as partes. Foi difícil porque este tipo de negociacións son complicadas. Hai que chegar a puntos de encontro que non sempre son sinxelos. Creo que o Dépor fixo un esforzo importante e eu tamén puxen todo pola miña banda para poder estar aquí. Estou moi feliz de que finalmente todo acabase ben, de poder estar aquí e gozar do día a día no Deportivo".
Peso de Antonio Hidalgo en su llegada: "Tivo unha parte importante. Para que un club aposte por ti, teñen que estar de acordo todas as partes do club. Antonio, desde o primeiro momento, quixo traerme. Demostroume toda a súa confianza e quería que estivese con el aquí. Eu, encantado. É un míster ao que lle debo moito, que apostou por min e confiou en min. Agradézolle ese interese e esa aposta".
¿Estos primeros días en el Dépor responden a tus expectativas? "Sempre o digo, creo que nunca cheguei a imaxinarme xogando no primeiro equipo do Deportivo. É certo que cando estaba en Abegondo, vía aos xogadores do primeiro equipo, que naquel momento estaba en Primeira División, e paréceche preto, pero ao mesmo tempo víao moi lonxe. Sobre todo polo que me transmitía a miña contorna sobre a dificultade de chegar ao fútbol profesional. Era algo que non me atrevía a soñar. Estou moi feliz e contento de estar na casa e de vivir isto. Vexo que o club está a crecer e dando pasos axigantados. As instalacións melloraron dunha maneira incrible e o día a día é inmellorable. A verdade é que superou todas as miñas expectativas".
Polivalencia y demarcación donde puede ser más útil: "Vai depender da idea que queira levar a cabo o míster a través do sistema de xogo. Estou cómodo en todas as posicións defensivas. Co paso do tempo fun gañando experiencia e fun sendo capaz de entender máis o xogo, de entender máis o fútbol. E iso permíteme adaptarme a diferentes posicións. Veño competindo de central tanto en defensa de catro como de cinco, tamén como lateral e como carrilero. Creo que é importante ter esa capacidade de adaptación e esa versatilidade que lle dá ao míster máis variabilidade para usar aos xogadores. Síntome cómodo en calquera desas posicións. Vai depender moito do plan de partido e das necesidade do equipo cada semana".
Estilo del Dépor de Hidalgo: "As características do míster xa as comentei nalgunha ocasión, sobre todo en relación á paixón coa que vive o fútbol, o carácter que ten e a esixencia no día a día. Teñen que ser mostras de identidade deste equipo. Aquí atopeime un equipo de moito talento, sorprendeume moito o nivel dos xogadores. Iso xa estaba e a xente que estamos a chegar temos que achegar ese punto de carácter, de liderado, como comentaba Sori (Fernando Soriano), para que sexamos un equipo recoñecible e sexamos capaces de conseguir esa regularidade que se necesita en Segunda División para conseguir os obxectivos. Penso que necesitamos que se coñeza ao Dépor por ese carácter e ser un equipo que presiona e que incomoda. Por ser un equipo incómodo para os rivais".
Experiencia con 28 años: "Asúmoa de forma natural. Os amigos dinme de broma moitas veces que son un vello xove. Pero como digo, creo que o equipo necesita ese punto de carácter, de empuxar, de falar, de achegar esas cousas que quizá non había tanto. Vai bastante ben coas miñas características e sempre foi algo que me saíu de forma natural: liderar co exemplo e poñer ese carácter e esa agresividade. É algo que teño que tratar de conseguir aquí e contaxiar esa enerxía aos compañeiros. Nestes primeiros días estou a tratar de facelo. Os compañeiros creo que o reciben de boa maneira e estou moi contento".