Ruchi López: “Foi unha sorte xogar o meu primeiro ano en Terceira nun club tan especial”
lll
17º-23º

Ruchi López: “Foi unha sorte xogar o meu primeiro ano en Terceira nun club tan especial”

Ruchi López: “Foi unha sorte xogar o meu primeiro ano en Terceira nun club tan especial”
Rubén López García ‘Ruchi’, central da Sarriana, na súa etapa como xogador do Paiosaco | raúl lópez

Usuario

Defensa da Sarriana


Tres anos despois de deixar o Paiosaco e a Porta Santa, Ruchi regresará este domingo coa camisola da Sarriana, líder da fase de ascenso a Terceira División. O central lucense de 23 anos afrontará un partido especial na que foi a súa casa.


Ruchi xogou no Paiosaco na primeira tempada do equipo en Terceira. Como viviu aquel curso histórico para un club tan humilde?

Foi unha tempada moi bonita por todo o que puidemos vivir. A afección estaba moi ilusionada e nós tamén. Era o meu primeiro ano en Terceira e foi unha sorte pasalo nun club tan especial.


O primeiro partido entre Sarriana e Paiosaco da fase de ascenso será na Porta Santa. Que recordos ten do ambiente que se respira alí?

Cando xogaba no Paiosaco o ambiente era increíble. Viña moita xente e animaban moito. Agora que vou de visitante seguramente non me axude muito. Aínda que non creo que sexa un factor determinante, o ambiente non vai xogar ó noso favor o domingo.


Agarda un bo recibimento?

Si, imaxino que si. Aínda que só estiven unha tempada, gárdolle moito cariño ó club e creo que eles a min tamén.


A nivel deportivo, o Paiosaco conseguira a permanencia nunha liga na que estaban equipos como o Racing, o Bergantiños, o Compostela, o Arosa, o Arenteiro… Cal era o segredo?

A unión que ten o club tanto entre os xogadores como a directiva e a afección. O bo ambiente que había foi, sen dúbida, o que nos levou a facer tan bos partidos e gañar a equipos que parecían superiores.


Diego Lois era o único xogador daquel Paiosaco que superaba os 30 anos. Daquela Ruchi tiña 20.

Aprendín moito esa tempada tanto dos adestradores como dos meus compañeiros. Aínda que non había xente veterana si tiñamos moitos xogadores con experiencia dos que puiden aprender no día a día.


O Paiosaco ten unha das mellores defensas da Preferente e así o demostra


No Paiosaco continúan varios dos seus compañeiros de liña defensiva: Beto, Popi, Edu Dias, Ventola, Pablo e incluso Juanma está a xogar de lateral.

Sen dúbida, o Paiosaco ten unha das mellores defensas da Preferente e así o están demostrando cos seus resultados.


Mantén relación Ruchi con algún daqueles compañeiros?

Non nos vemos nin falamos moito por que eu vivo en Sarria e ó final distánciaste, pero gárdollles cariño a moitos dos meus compañeiros. Teño moi bos recordos con eles e iso nunca o olvidas.


Do Paiosaco pasou ó Somozas. En teoría foi un cambio para mellorar na súa carreira.

Si, naquel momento tiña unhas expectativas a nivel deportivo e funme para intentar seguir crecendo como xogador, pero foi unha decisión moi dificil porque eu estaba moi a gusto no Paiosaco.


No Somozas, un dos equipos con máis nome da Terceira, tamén lle tocou loitar pola permanencia.

Aquela tempada foi moi difícil para min. Non me saiu nada ben. Primeiro tiven moitas lesións, non fixemos un bo grupo e, ó ir abaixo, a situación aínda era peor. Para rematar, parouse polo COVID. Esa tempada perdín as gañas de seguir xogando ó fútbol.


Na tempada do Somozas perdín as gañas de seguir xogando ó fútbol


E por fin aterrizou en Sarria.

Vin a vivir a Sarria pero a miña idea era non seguir xogando. Gardo unha boa relación co presidente e, ó final, convenceume para que fichara. Aquí sigo e estou contento.


Foi duro ser campión a pasada tempada e non ascender?

A pasada temporada, en xeral, foi bastante duro. Quedamos ás portas do ascenso e había demasiada tensión e presión dentro do equipo. Este ano fixemos máis grupo e levámolo moitísimo mellor.


Que sensacións se respiran no vestiario da Sarriana esta tempada?

Hai moi boas sensaciós no vestiario. Temos moi bo grupo e iso fai que as sensaciós sexan aínda mellores.


Rematan a primeira volta no campo do único equipo que gañou todos os partidos na fase de ascenso.

Estou seguro de que vai ser un partido dificilísimo. O Paiosaco ten moi bo equipo. No ‘playoff’ ningún partido e fácil.


Que sabe a Sarriana dun Paiosaco que gañou todos os partidos por 1-0 e 0-1?

Como os resultados indican, teñen que ser moi sólidos a nivel defensivo, xa que non é nada fácil deixar a portería a cero neses partidos.


Como se lle fai dano a un equipo que non encaixou ningún gol en todo o que vai de segunda fase?

Vai ser algo moi complicado. Nós temos moi bos xogadores arriba e o noso adestrador buscará a forma de facerlles dano. A ver se o conseguimos.


Por contra, a Sarriana é o equipo máis goleador da promoción de ascenso.

Temos xente con moito perigo arriba, o que fai que sexa máis fácil meter goles. Creo que vai ser un partido igualado no que vai gañar o que menos fallos cometa.


Gañar ó Arteixo o pasado xoves foi un subidón para a Sarriana?

Si, gañar a un equipo como o Arteixo que, coma nós, loita polo ascenso, sempre da confianza.


Como foi para Ruchi volver a medirse a Juan Riveiro?

Foi bonito. Estoulle agradecido por como se portou comigo cando me adestrou. En canto a xogo, cambiou moito a súa proposta. Imaxino que llo o obriga un pouco o equipo que ten, xa que é moi diferente ó que tiñamos en Paiosaco.


Que equipo lle gustaría a Ruchi que acompañase á Sarriana no ascenso a Terceira?

A min o que me gustaría é que ascendamos nós e o Paiosaco, porque, como dixen, téñolles moi cariño.


Xogou os dous últimos partidos da primeira fase e saiu de titular no primeiro da promoción de ascenso. Nos dous últimos participou nas segundas partes.

Desde o primeiro partido da fase de ascenso estou con molestias nos isquios e estame custando recuperarme de todo.

Ruchi López: “Foi unha sorte xogar o meu primeiro ano en Terceira nun club tan especial”

Te puede interesar