Aberta a inscrición para o circuíto Coruña Corre
lll
17º-23º

Aberta a inscrición para o circuíto Coruña Corre

Aberta a inscrición para o circuíto Coruña Corre
Imaxe da proba que acolle o barrio de Os Rosales celebrada hai dous anos | Patricia G. Fraga

Usuario

Despois do obrigado parón por razóns sanitarias,volven o circuíto Coruña Corre e as súas sete carreiras: Matogrande, Os Rosales, Novo Mesoiro, Torre de Hércules, San Pedro de Visma, Ventorrillo e Oza.


Co Coruña Corre, o Goberno municipal pretende fomentar o deporte coa axuda dos barrios, asociacións veciñais e clubs de atletismo. Neste sentido, a categoría familiar diferenciouno desde o seu nacemento do resto de circuítos noutras cidades galegas.


Este ano, ademais, determinouse que volvan participar os máis cativos, sen poñer límites de idade para a categoría de Peques, axudando a crear hábitos deportivos entre a xente máis nova da casa.


No 2022 levarase o Coruña Corre aos centros educativos, reforzando a aposta da Concellaría de Deportes, que dirixe Mónica Martínez, para fomentar o deporte participativo, especialmente nas idades máis sensibles en que a mocidade abandona a súa práctica.


Con este obxectivo creouse unha categoría especial de equipos mixtos sub-16 e sub-18. Polo mero feito de participar, sumarán puntos para o seu colexio, e haberá premios para o centro e o alumnado.


O Coruña Corre comezará o 23 de xaneiro e rematará o 27 de novembro. A inscripción xa está aberta na páxina web.


A maiores, en vindeiras datas presentarase a outra gran novidade desta edición: a APP oficial do circuíto. Os premios aos mellores de cada categoría do circuíto Coruña Corre entregaranse na gala de clausura, que terá lugar no derradeiro mes do novo ano.


Debido ás actuais condicións sanitarias, os criterios para a organización de cada carreira poderán verse modificados segundo as limitacións existentes no momento de realización de cada unha delas. Máis información na web.

Aberta a inscrición para o circuíto Coruña Corre

Te puede interesar