A Coruña acapara as convocatorias galegas para o Campionato de España sub-16
lll
17º-23º

A Coruña acapara as convocatorias galegas para o Campionato de España sub-16

A Coruña acapara as convocatorias galegas para o Campionato de España sub-16
El cartel de la competición | FGP

Usuario

A Federación Galega de Patinaxe revelou as convocatorias das seleccións autonómicas masculina e feminina de hóckey patíns para a primeira fase do Campionato de España sub-16, a disputar do 5 ao 8 de decembro nas localidades asturianas de Mieres e La Felguera.


A Coruña, berce do hóckey patíns en Galicia, acapara as listaxes con cinco xogadoras na feminina e nove na masculina, como non podía ser doutra forma.


O Dominicos (Claudia Sanjurjo, Jacobo Copa, Marcos Pedreira, Jacobo Pérez e Antón López) e o Compañía de María (Aldara López, Iria Torre, Alejandro Pérez, Hugo Mareque e Anxo Chouciño), con cinco xogadores cada un, son os clubes máis representados.


Nesta primeira fase, o combinado masculino xogará contra Navarra (domingo 5), Aragón (luns 6) e Madrid (martes 7), mentres que o feminino enfrontaráse a Euskadi, Madrid (ambos o domingo 5) e Cantabria (luns 6).


Selección galega feminina

NombreEquipo
Mencía MosqueraDeportivo Liceo
Noelia CastroEscola Lubiáns
Claudia SanjurjoDominicos
Aldara PérezCompañía de María
Iria TorreCompañía de María
Celia PinachoCambre
Icía BreaRaxoi
Alba ArosaRaxoi
Lucía VeloEscola Lubiáns
Inés TempranoDeportivo Liceo


Selección galega masculina

NombreEquipo
Francisco Javier RioboDeportivo Liceo
Dany FuentesCompostela
Jacobo CopaDominicos
Marcos PedreiraDominicos
Jacobo PérezDominicos
Alejandro PérezCompañía de María
Jaime MéndezDeportivo Liceo
Antón LópezDominicos
Hugo MarequeCompañía de María
Anxo ChouciñoCompañía de María


A Coruña acapara as convocatorias galegas para o Campionato de España sub-16

Te puede interesar