A Coruña espera ás mellores canteiras de Galicia e Portugal no Trofeo Eixo Atlántico
lll
17º-23º

A Coruña espera ás mellores canteiras de Galicia e Portugal no Trofeo Eixo Atlántico

A Coruña espera ás mellores canteiras de Galicia e Portugal no Trofeo Eixo Atlántico
Imaxe da presentación do torneo, onte no Pazo dos Deportes de Riazor | Concello da Coruña

Usuario

O Pazo dos Deportes acolleu onte a presentación do IX Trofeo Eixo Atlántico, unha competición que reunirá a vindeira fin de semana a algunhas das mellores canteiras do hóckey galego e portugués na cidade da Coruña.


Este torneo de categoría infantil regresa tras a obrigada pausa do ano pasado pola pandemia. “Recuperamos pois o xa consolidado torneo, non só como un referente para a modalidade do hóckey patíns, senón tamén como ferramenta para transmitir os valores do Eixo Atlántico e o acercamento e intercambio de experiencias tanto persoais como deportivas, entre os diferentes equipos da eurorrexión”, sinalou Mónica Martínez, concelleira de Deportes da Coruña.


O grupo A estará formado polo Gulpilhares (Vila Nova de Gaia), Deportivo Liceo e Académico (Porto). No B enfrontaránse Compañía de María, Dos Carvalhos (Vila Nova de Gaia) e Lubiáns (Carballo). O C inclúe a Valongo (Valongo), Compostela e Ferrol. Por último, Dominicos, Riba de Ave (Vila Nova de Famalicao) e Bragança (Bragança) integran o D.


Os dous primeiros grupos disputarán os seus partidos en Riazor e os dous últimos en Monte Alto. Os partidos comezarán ás 10.00 horas do sábado. A xornada final será o domingo no Pazo dos Deportes de Riazor a partir das 9.00 e a final está prevista ás 16.00.


No sorteo do torneo participaron César Carballeira, xogador do Liceo e flamante campión de Europa coa selección española, e Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, que felicitou a organización e a cidade da Coruña.


“Gústanos este torneo porque sae da base, é unha proposta dos clubs coruñeses. O hóckey é marca de imaxe da Coruña. É un proxecto da cidade”, sinalou.

A Coruña espera ás mellores canteiras de Galicia e Portugal no Trofeo Eixo Atlántico

Te puede interesar