Luz verde á contratación da concesión de Elviña I, Sardiñeira e Agra I
lll
17º-23º

Luz verde á contratación da concesión de Elviña I, Sardiñeira e Agra I

Luz verde á contratación da concesión de Elviña I, Sardiñeira e Agra I
Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa | xunta de galicia

Usuario

O Goberno galego aprobou a contratación da concesión de tres complexos deportivos titularidade da Xunta localizados na cidade da Coruña. Trátase das instalacións deportivas de Elviña I, Sardiñeira e Agra I.

Alberto Núñez Feijóo avanzou que o contrato de xestión será por un valor de 95 millóns de euros nos próximos 25 anos. Neste sentido, explicou que a empresa concesionaria terá que acometer uns investimentos obrigatorios por valor mínimo de 3,4 millóns de euros durante os primeiros tres anos de vixencia de contrato, do mesmo xeito que abonar á Fundación Deporte Galego un canon anual de 130.00 euros.

O expediente de contratación se publicará hoxe na Plataforma de Contratación da Xunta e remitido ao Diario Oficial e as empresas interesadas terán 35 días hábiles para ser titulares desta concesión.

“Son tres establecementos deportivos claves na Coruña que, tan só en abonados, xa teñen 15.000. Estou convencido que se se fan os investimentos que esixe o prego e se poñen ao día estas instalacións deportivas, incrementarase o número de abonados, a facturación dos complexos e, sobre todo, practicarase un deporte con maior calidade na cidade coruñesa”, sentenciou.  




Luz verde á contratación da concesión de Elviña I, Sardiñeira e Agra I

Te puede interesar