Menú
El Ideal Gallego Diario de Ferrol Diario de Arousa
YouTube Twitter Newsletter Instagram Facebook

O Campo da Feira e Iván García, segundos en terras de Sanxenxo

Os compoñentes da entidade de Paiosaco e o membro da APB Santa Marta en acción | lnb
|

A localidade de Nates, en Sanxenxo, foi o esceario das finais da Liga Atlántica de billarda, que en agosto tiveron que ser aprazadas. Dominou o club local do Lúa e Forza, vencendo en todas as categorías, pero os representantes da provincia da Coruña fixeron un bo papel.

Así, Xan Rodiño acadou a vitoria absoluta, sendo segundo Iván García, da APB Santa Marta da Laracha, e terceira Tania, do Valpaços Terra Quente de ViChego.

Na competición feminina, Lu, coma Xan do Lúa e Forza, foi a mellor. Quedaron a continuación Adriana (Valpaços) y María Caride (Gharaboto de Marín).

Por equipos tamén venceu o Lúa e Forza, acabando no segundo posto o Campo da Feira de Paiosaco. Pechou o podio o Rinoceronte de Pontevedra.

Finalmente, en varados impúxose Juanchi (Lúa e Forza). Segunda posición para Juan Carlos, do Campo da Feira, e terceira para Che, do Rinoceronte. Non faltou o xantar de confraternidade antes das finaisda Liga. 

O Campo da Feira e Iván García, segundos en terras de Sanxenxo