O Concello dixitaliza o acceso ás instalacións cunha nova aplicación
lll
17º-23º

O Concello dixitaliza o acceso ás instalacións cunha nova aplicación

O Concello dixitaliza o acceso ás instalacións cunha nova aplicación
Mónica Martínez e Diego López en María Pita | aec

Usuario

O Concello da Coruña dixitaliza o acceso ás instalacións deportivas da cidade, co obxectivo de facilitarlle o traballo ás entidades deportivas e a toda a súa contorna asociativa.


A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou en María Pita, xunto co director de Cluber, Diego López, unha nova aplicación que permitirá levar a cabo o traballo dos clubs deportivos de xeito telemático “impulsando a dixitalización do deporte coruñés” e lembrou que “a Covid está xerándolles unha gran carga administrativa ás entidades deportivas que se ven obrigadas a recoller diariamente os datos persoais de todas as persoas asistentes aos adestramentos, partidos ou torneos”. Deste xeito, sinalou, “desde o Concello e grazas á empresa coruñesa Cluber imos facilitarlles todo este traballo e adecualo ao século no que vivimos”. Trátase dunha proba máis, apuntou Martínez, do compromiso do Goberno de Inés Rey co fomento do deporte na cidade. 

O Concello dixitaliza o acceso ás instalacións cunha nova aplicación

Te puede interesar