Galicia suma 27 metais no Nacional
lll
17º-23º

Galicia suma 27 metais no Nacional

Galicia suma 27 metais no Nacional
O combinado sub-23 proclamouse subcampión de España en Santiago | FEDERACIÓN GALEGA DE LOITA

Usuario

Tras a celebración dos Campionatos de España o pasado fin de semana no pavillón de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, a Federación Galega acadou un total de 27 medallas: oito de ouro, nove de prata e dez de bronce. Unha cosecha excelente tras 12 meses de parón deportivo.


A Federación Galega de Loita en colaboración coa Federación Española de Luchas Olímpicas, o Club de Loita Stellae, o Concello de Santiago e a Secretaría Xeral para o Deporte, organizaron os campionatos cun total de 512 inscricións para todos os campionatos.


A burbulla das Loitas Olímpicas tivo en Santiago de Compostela a primeira competición nacional organizada neste ano, o punto de arranque desta nova tempada.


A seguridade e os protocolos covid-19 rexeron a competición, establecendo un marco único de seguridade para todos os participantes. A obrigatoriedade de facer os test de antíxenos naseo-farínxeos, previos a competición, así como test aleatorios.


O motor do deporte arrancou, deixando un gran evento deportivo, e un respiro para o sector hosteleiro, e de servizos. Unha estimación de mais de 120.000 euros, quedaron en Santiago, durante o fin de semana de competición.


Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, foi o que tivo unha maior representación, cun total de 10 colexiados arbitrando os campionatos de España.


De Ayude para o mundo

A Escola Ayude de Santiso aportou tres loitadores (Miguel Quintela, Nerea Iglesias e Aron Ayude), un técnico (José Ayude) e unha colexiada (Cora Ayude) a delegación da Federación Galega nos Nacionais.

Aron gañou con solvencia os seus enfrontamentos e se proclamou campión de España sub-23 na modalidade de loita grecorrromana.Nerea fixo o propio na modalide de loita feminina, tamén en idade sub-23, aínda que a súa final foi intensa ata o último minuto, inclinándose a favor da coruñesa por un punto.


Os dous colaboraron no subcampionato nacional da selección galega, solo por detrás da madrileña,

Destacar tamén o debut de Miguel, o máis xoven dos tres, undécimo na categoría de loita olímpica sub-17.

Galicia suma 27 metais no Nacional

Te puede interesar