Menú
El Ideal Gallego Diario de Ferrol Diario de Arousa
YouTube Twitter Newsletter Instagram Facebook

Sacrificio, colaboración e responsabilidade no deporte

A Xunta aprobou máis de setenta protocolos nos últimos meses | xg
|

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta das medidas adoptada no ámbito da práctica de actividade física e deportiva federada na Comunidade Autónoma e do estado de situación dela.


Tras gabar os últimos resultados acadados por deportistas galegas como Ana Peleteiro ou Belén Toimil e destacar a importancia do papel da muller no deporte galego, o secretario xeral destacou os tres grandes valores nos que todo o tecido deportivo e a Secretaría Xeral basearon o seu traballo ao longo da pandemia: sacrificio, colaboración e responsabilidade.


Do sacrificio que identificou como ás horas de traballo dedicadas, destacou os máis de 70 protocolos aprobados pola Xunta de Galicia a tenor do FISICOVID-DXT GALEGO (recollido por dúas revistas de impacto de referencia nacional e internacional), as cinco guías ‘Volvendo con sentidiño’ ou a “análise pormenorizado de seguimento e control que cada fin de semana realizamos sobre os partidos de ámbito estatal non profesional, que desde outubro xa se contan por máis de 600”.


Tocante á colaboración, ademais das decenas de videconferencias e xuntanzas con todo o sector, Lete Lasa destacou o Foro de Reactivación do Deporte Galego, o traballo co IGE para ser a primeira comunidade cunha conta satélite do deporte ou o Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia que foi presentado no día de onte.


No caso da responsabilidade, ademais do “sentido do deber co que a Xunta de Galicia foi adoptando as medidas necesarias para xestionar mellor a pandemia”, o secretario xeral subliñou a “gran capacidade de adaptación e a presteza coa que os nosos clubs e deportistas foron acollendo estas novidades normativas”.


O secretario xeral salientou que, despois dun ano enteiro traballando para conter a crise sanitaria no deporte, “recollemos os resultados”. O estudo do INIBIC-SERGAS reflicte realizado en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e que abarca a máis de 180.000 licenzas deportivas (85.000 delas entre 4 e 17 anos) revela que a incidencia da Covid-19 é inferior no deporte federado nos mesmos rangos de idade e en ambos sexos que na poboación xeral.


De feito, os brotes detectados apenas afectan ao 0,2% dos equipos galegos.

Sacrificio, colaboración e responsabilidade no deporte