Fernando Vázquez repasou a actualidade do Deportivo a unha semana para que comece a tempada en Segunda División B. Alertou da dificultade da categoría, admitiu que o equipo non chegará ao cento por cento á primeira cita e criticou con dureza o formato da competición.
1.Valoración do plantel de xogadores
“En principio creo que podemos estar contentos. Estou contento coa plantilla que conseguimos reunir. É unha boa plantilla. A nivel individual, son xogadores importantes, pero agora a ver se somos capaces de facer un bo equipo. Dependerá de como eles se conxunten, se fan un bo grupo, se combinan ben. É o meu traballo axudar a que se conxunten e sexan invulnerables. Creo que as pezas están ben, imos ver como sae o caldo”, recoñeceu o míster deportivista.
2. Nivel co que chega á cita co Salamanca
“Evidentemente o nivel do conxunto depende dos xogadores que teño. Hai xogadores que non están nunha situaicón competitiva ideal. Estanse achegando. Hai algúns que sabemos que non van a chegar. Vamos a chegar todos sanos, pero o nivel de forma de cada xogador é moi diferente. De inicio, está claro que o xogador é bo cando o estado de forma é positivo, bo, ao cen por cen. Non é o caso. Non todos están ao cen por cen e quizais a primeira aliñación non poida expresar todo o potencial que temos porque non están todos ainda para 90 minutos”, dixo.
3. Fortalezas e carencias do equipo
“Non podería falar aínda. Para ver o potencial do equipo teriamos que ver a todos os futbolistas que están baixo a miña disposición, na súa plenitude. E non é o caso. De momento o Depor está moi lonxe de alcanzar o seu potencial e estará lonxe no primeiro partido, ainda que sepamos que temos que gañalo. Xogadores como Borges, Uche, Rui Costa... moitos non están en plenitude. O potencial verémolo cando pase un mes. Non vamos a empezar a Liga ao cen por cen de potencial nin de forma”, alertou.
4. Os sistemas de xogo 4-4-2 e 4-3-3
“Levo tempo reflexionando. Como ben sabedes, adestro sistemas diferentes porque os partidos poden presentar problemas diferentes. Non so 4-4-2, que é un sistema base fácil de adestrar, e que a partir de aí serve para facer modificacións. As modificacións estarán á orde do día porque teño moitas posibilidades e non descarto ningunha forma de estruturar ao equipo”, sinalou.
“Digamos que si un equipo conta con puntas de nivel e calidade, como prevía que iamos a ter, mais coa chegada de Rolan, a posibilidade de xogar con dous dianteiros está clara. Pero tampoco vos levedes a engano polo sentido de que adestro 4-4-2. É un sistema que me sirve para preparar liñas de catro. Podo modificalo, xogar con dous dianteiros sin ser 4-4-2. A idea de xogar con dous dianteiros téñoa na cabeza e sempre que sexan resolutivos buscarei que sexa a forma así”, declarou.
“No fútbol, para dominar e xogar colectivamente, dominar un partido coa pelota, necesitas como mínimo tres centrocampistas ou ter puntas que se asocien, xogadores de banda que vaian adentro... En Pasarón tivemos problemas para ter a pelota, pero estabamos moi cansados. O equipo estaba fatigado e eso nótase, pero a nivel táctico, cando un equipo ten tres futbolistas por dentro do nivel de Borges, Nacho e Gandoy, a posesión de balón, acompañado con xente por fóra, é máis habitual. Nun 4-4-2 intentar dominar e ter control é máis complicado”, razoou.
5. Non houbo salvación; en Segunda B
“Non teño por que aceptar a situación. O que foi feito mal sigue estando feito mal. Non o acepto, pero eso non impide que poida estar implicado, atento e concentrado na competición que vai empezar. Pero non son cabezón de quedarme parado. Estou súper ilusionado co que vai comezar, pero tampouco que a xente pense que esto vai ser un paseo de rosas. Hai que ter unha cualidade moi importante para ser campeón. Adestrei en Segunda B e xoguei na Copa contra equipos de Primeira e fíxenllo pasar fatal”, manifestou.
“En Segunda B hai grandes equipos, grandes xogadores descoñecidos para o gran público. E nos pode levar a pensar que todo vai ser doado, que non haberá problemas... pero volvo repetir: se nos comportamos pensando que tenemos un equipazo e que non nos van facer sombra estamos moi equivocados. Cada partido será durísimo. Considero que temos unha gran responsabilidade, unha carga tremenda porque non podemos fallar”, explicou o míster.
5. O sistema de competición
“Analizar o sistema de competición é deprimente. É lastimoso, patético, incrible. Cóstame entender que todos os puntos dun grupo se arrastre á fase seguinte. Evidentemente partimos de un principio de igualdade que debería ser sagrado. Cando se rompe, porque non todos os subgrupos teñen o mismo potencial ou son iguales... non deberías arrastrar o resultado á seguinte fase”, argumentou.