“Voltei para que o clube poda seguir competindo como se fixo sempre”
lll
17º-23º

“Voltei para que o clube poda seguir competindo como se fixo sempre”

“Voltei para que o clube poda seguir competindo como se fixo sempre”
Gonzalo Iglesias

Usuario

Gonzalo Iglesias Candal volverá sentar no banco do Jogafán Ordes FS esta tempada despois de que no seu día anunciase ao concluír o pasado curso que deixaba o equipo. O técnico falou con dxt campeón para explicar as razóns do cambio da súa decisión.

Anunciaras a túa marcha. Que che fixo reconsiderar a túa decisión?
Pois a ultima hora chamáronme varios xogadores de que non se ía presentar o equipo senior, e pedironme se lles botaba unha man para poder seguir adiante con el e poder seguir competindo como se leva facendo nestas últimas tempadas tanto na antiga Autonómica coma na actual Preferente Norte.

A marcha de Iago Couto o Stellae, sorprendeuche/non che gustou?
Pois a verdade é que si que  me sorprendeu porque era un home da casa e os ultimos anos era o encargado de levar todo o referinte o club. Entendo que se cansara e que quixera tomar ou afrontar novos retos. Nembargantes, a min personalmente non me gusta cando marcha un xogador que é da casa.

O día que regrese a Ordes a xogar, como cres que se lle recibirá?
Supoño e espero que ben como penso que se recibiu a todos os que por diversos motivos tiveron que abandonar o club e volveron a Ordes con outras camisetas.
Que función terás agora no  Jogafán Ordes?
Pois volverei a ser o adestrador do primeiro equipo, ca axuda de Choni e de Dorinda no corpo técnico, como levo facendo toda a miña vida pois tamén botarei unha man en todo o que engloba o clube.

Como son Choni e Dorinda?
Choni será o segundo adestrador, que é unha persoa (máis ben amigo xa desde nenos) que tamén foi xogador do club e que por motivos personais tivo que estar desvinculado uns anos, pero desde que volveu esta máis animado que nunca para poder traballar xuntos. E Dorinda a delegada. Non teño palabras para poder describila, unha traballadora innata que ven sendo a nai deportiva do tódolos rapaces

Como é a situación actual do voso clube?
Pois a situacion do clube cambiou totalmente, tanto na directiva, que houbo un cambio xeral e agora os membros da directiva son todos novos dendo o presidente ata o ultimo vocal. En total sumamos un número de nove persoas con moitas gañas de traballar.

Cales son as túas prioridades á fronte do mesmo?
Como xa che teño comentado noutras entrevistas a prioridade miña e de toda a xunta directiva é intentar que os rapaces das escolas deportivas disfruten e pouco a pouco que vaian mellorando e nun futuro poidan ir entrando no primeiro equipo.

A túa relación coa directiva?
Moi boa, somos todos do pobo e conocidos dende moito tempo. Con algúns deles, coma con Choni, tamén son ex xogadores que dende deixarán de xogar viñan a ver algúns partidos que xogábamos na casa e ahora decidíronse a botar unha man e poder traballar entre todos e sacar esto adiante o mellor posible.

Como está o primeiro equipo nestes momentos?
No que inflúe o primeiro equipo tamén houbo moitos cambios porque dos xogadores da tempada pasada soamente se manteñen catro: Rubén, Viqueira, Massaro e Sergio. A boa nova e que volveron a botarnos unha man xogadores que xa tivera no club anteriormente como Campelo, Marcos, Susito, Adrián, Mija, Palmeiro e Santi Mandayo. Asemade, houbo outros fichajes como son Juanele, Xuncal e Fidel, contando a dia de hoxe na plantilla cun total de catorce xogadores. E tamén teño que destacar que fíxose un grupo de rapaces a maioria en idade xuvenil que teñen vido adestrar co primeiro equipo e que intentaremos poder apuntalos na competición da liga local pa que se vaian curtindo e poder axudarnos nun futuro. 

Agora, que cres que se debe mellorar?
Pois vamos intentar mellorar  tanto a nivel directiva, que agora o ser un maior número de xente, pode repartir as tarefas que elo conleva e poder levalo doutra maneira. Tanto a nivel de primeiro equipo, sobre todo unha cousa que non tivemos a tempada pasada para adestrar xa que a verdade que a anterior tempada entrenouse moi pouco por distintos motivos. Este ano querémoolo solucionar, e penso que tivemos sorte coas fichaxes porque ata o de agora estamos entrenando sempre cun mínimo de doce ou trece xogadores ca axuda dos xuvenis que che comentei anteriormente. E no caso das escolas deportivas, pois tentaremos que os rapaces sigan disfrutando e que poidan aprender o máximo posible en cada entrenamiento. Tamén comentarche que este ano teremos un mínimo de tres monitores para que cada un deles colla como un máximo dous equipos.

As categorías inferiores, como se atopan?
Empezamos cos primeiros dias para poder apuntarse presencialmente no Pavillón Castelao 2 e a verdade e que estamos moi contentos ca resposta da xente xa que en dous días presenciales apuntáronse sobre cincuenta rapaces. E tamén recalcar que para calquera dúbida que poidan ter os pais temos a disposición deles o seguinte número de teléfono 650 162 398 (Daniel Campelo) que vai ser o coordinador das escolas no presente ano. Tamén informaremos no Facebook que posúe o noso clube Jogafan Ordes F.S ou no correo electrónico jogafanfs@hotmail.com.

Seguides tendo equipo de base feminino?
Si vamos intentar manter o equipo femenino que tiñamos,. Decirche que estaba formado totalmente por nenas de entre once e doce anos, e tamén vamos intentar ter máis número de nenas e poder medrar cos equipos femeninos. Isa é a nosa ilusión, que se poidan facer máis equipos en máis categorías formados por nenas do pobo, xa que somos unha referencia nese aspecto o levar dous anos co equipo contando cada tempada con catorce-quince nenas nese equipo e poder aumentalo número de nenas que empecen a facer este deporte

Farase campaña de socios?
Si, xa estamos facendo todos os membros da xunta directiva e incluso os xogadores o colaborar todos e facer captación de novos socios. Asemade, estámola facendo pois a base tanto de facebook como de mensajes de WhatsApp como personalmente. Falando desto solo teño palabras de agradecemento a xente que colabora co club facéndose socio e apoiándonos neste novo proyecto que está a nacer.

Que iniciativas para fomentar o fútbol sala en Ordes estades facendo?
Unha delas e a organizacion da liga local ca colaboracion do Concello de Ordes, que este ano seguirá organizando o noso club Jogafan Ordes. Mais adiante, no Nadal, intentaremos facer un campus de fútbol sala nesas datas festivas que os nenos e nenas teñen vacacións.

Tedes colaboración cas institucións e as empresas?
Aqui si que temos tamén moito que agradecer. En primeiro lugar o Concello de Ordes, tanto por deixarnos as instalacións deportivas como de mantelas ben coidadas e incluso ir mellorandoas pouco a pouco, como foi a principios da tempada pasada que se fixeron tres vestuarios novos, pasando a ter cinco e dous almacéns. Por outro lado mencionar tamén a empresa Muebles Jogafán, que é o noso patrocinador principal. Tamén teño que dar as gracias a tódalas empresas que poñen a súa publicidade no pavillón con lonas publicitarias coma as que nos axudan nos carteis anunciantes dos partidos que xogamos na nosa casa durante toda a tempada. l

“Voltei para que o clube poda seguir competindo como se fixo sempre”

Te puede interesar