A Deputación potencia aos técnicos deportivos
lll
17º-23º

A Deputación potencia aos técnicos deportivos

A Deputación potencia 
aos técnicos deportivos
09 febrero 2010 Lucha Ayer se celebró en el pabellón municipal de Vilalba la primera jornada de Liga de deporte de base

Usuario

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a concesión definitiva das subvencións que concede anualmente a Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, 77 concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 1.008.966,33 euros para financiar este programa.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, afirmou que “ademáis de contribuír á xeración de emprego na provincia, permitindo a contratación de 77 persoas durante un período dun ano, facilitan tamén que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar a actividade física entre a poboación”.

“Ademáis das funcións habituais de promoción do deporte, este persoal técnico será moi útil para adaptar as instalacións e as actividades á evolución da COVID-19, aplicando e supervisando as pautas de actuación que indiquen as autoridades no seu momento para garantir a seguridade nas instalacións deportivas”, afirmou a deputada.

A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa.

Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario do profesional. l

A Deputación potencia aos técnicos deportivos

Te puede interesar