Vázquez: “Punto positivo, queríamos os tres, pero puxéronnolo difícil”
lll
17º-23º

Vázquez: “Punto positivo, queríamos os tres, pero puxéronnolo difícil”

Vázquez: “Punto positivo, queríamos os tres, pero puxéronnolo difícil”
O míster branquiazul, onte durante o encontro| alfaquí

Usuario

Fernando Vázquez admitiu que non estaba satisfeito co partido, aínda que declarou que, polo menos, o equipo conseguiu unhas táboas ante un Guijuelo que refrendou a súa condición de fortín e campo moi compricado.

“Un punto positivo, seguimos sumando, queríamos os tres, pero o equipo rival púxonolo moi difícil, púxonos en apuros en moitos momentos. Non renunciamos os tres (puntos) pero o equipo rival púxoo moi compricado”, declarou.

“Sabíamos a onde víñamos, en qué condicións... Eles super adaptados a este campo, sabíamos que íamos a ter problemas”, indicou.

Pouco botín
“Non podo estar contento co  resultado, gustaríame outro. Esto é o que é, o partido que fixemos e o nivel que amosamos. Empezamos coa idea de presión alta e tentar xogar no campo rival, con dous puntas. Tivemos 10 minutos bastante ben e sen problemas pero pasaban os minutos e eu sentía que as cousas non me gustaban. Perdemos compostura, posicionamiento e tomei a decisión de cambiar a estructura do equipo, para parar as opcións do equipo rival. Na segunda parte o partido cambiou de ritmo, aplanamos o rival, pero non foi suficiente”, dixo.

Pragmático
Vázquez valorou que, ante a imposibilidade de gañar, o equipo sabía que tiña que conservar, polo menos, o punto do empate no marcador.
“O equipo non tuvo demasiadas posibilidades, pero se o final de partido e ves quen non che ofrece posibilidades penso que, que non perdamos, é a forma de pensar sempre. Tentei de dar o equipo alegría (cos cambios na segunda parte) pero non puido ser”, dixo.

Tanto o esquema de dúas puntas como o de cinco atrás estaban contemplados e traballados, argumentou o técnico. “As dúas posibilidades estaban contempladas. Non pensei que fora necesario cambiar, pero vinme nesa obriga porque o equipo rival me estaba facendo dano. A partir dese momento pasamos menos apuros, circulamos mellor o balón pero non foi suficiente para facer xogadas combinativas”, aclarou Vázquez, que dixo que tiraron máis de “fútbol directo”.

Recoñeceu, polo tanto, co cambio de Beauvue foi decisión técnica e asegurou que comprende a hinchada: "Tamén pensaba que iba xogar mellor, non pensaba que iba a ocurrir o que pasou”.

Vázquez: “Punto positivo, queríamos os tres, pero puxéronnolo difícil”

Te puede interesar