Marta Míguez únese á presentación dunha cita ineludible co deporte
lll
17º-23º

Marta Míguez únese á presentación dunha cita ineludible co deporte

Marta Míguez únese á presentación dunha cita ineludible co deporte
Marte Míguez, con varios dos deportistas do calendario | sxdg

Usuario

Onte presentouse en A Coruña unha nova edición do Calendario Coca Cola, que contou co respaldo de Marta Míguez..

A Secretaría Xeral para o Deporte salientou que “as fotos do calendario son preciosas con paraxes extraordinarias de Galicia” e agradeceu a CocaCola que teña este tipo de iniciativas porque “xuntando patrocinio e Deporte Galego, todo o mundo gana”.

Marta Míguez lembrou a relevancia dos 13 deportistas en cada un dos seus ámbitos destacando a todos nas súas probas. 

No acto, ademáis da máxima figura responsable do deporte galego, participaron varios deportistas que están  no calendario deste ano como Iván  Lindín  Rodil,  Ruth  Lorenzo Couso e Jacobo Garrido  Brun, e María Sande, Xefe de Comunicación de Área Noroeste de Coca Cola  European  Partners Iberia.

Os 8.000 calendarios que se produciron, repartiranse proximamente entre federacións, clubs e asociacións deportivas, ademais da Hostalería galega. Este traballos mostran as fotos de mozos deportistas galegos de elite en paraxes emblemáticas da nosa xeografía.

Ademais dos xa mencionados anteriormente, figuran neste calendario Alejandro Montero López, Antía García Silva,  Helia González Fernández, Iván Feijoo  Alberte, Mariña  Oliveras Argibay, Martín  Freije  Torneiro, Pablo Dapena González, Paula  Ginzo  Arantes, Antoni  Ripoll González e Jacobo García García, referentes do traballo serio que fan os nosos deportistas levando a Galicia ao mellor.

Marta Míguez únese á presentación dunha cita ineludible co deporte

Te puede interesar