A Xunta traballa para afianzar Galicia como potencia do turismo deportivo
lll
17º-23º

A Xunta traballa para afianzar Galicia como potencia do turismo deportivo

A Xunta traballa para afianzar Galicia como potencia do turismo deportivo
José Ramón Lete Lasa participou virtualmente na mesa redonda de prsentación do proxecto | aec

Usuario

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, participou virtualmente na mesa redonda de presentación do manual de boas prácticas Ecodestin para posicionar á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como espazo preferente para deportistas de elite universitarios en deportes náuticos.

Este proxecto, financiado con fondos europeos, ten como principal obxectivo “incrementar a atracción do territorio a través do fomento e do desenvolvemento do patrimonio natural e cultural vinculado ás rías, ríos e costa”. Ademais, dixo Lete, “tamén pretende posicionar á rexión como destino educativo e universitario náutico internacional a través de ofertas de excelencia que integren o patrimonio natural e cultural da rexión. A auga vai no código xenético dos galegos e o deporte galego bebe desta tradición, polo que contamos coas mellores instalacións e os mellores deportistas”.

Na súa intervención gabou o traballo da Fundación Deporte  Galego, que leva a cabo varias actuacións que promoven o desenvolvemento do deporte e da educación como factores para enxalzar o territorio galego como destino deportivo. Por unha banda, o desenvolvemento de catro modelos educativos para a súa aplicación tanto no ámbito escolar como en vacacións. Pola outra, un gran traballo de análise da oferta deportiva, de instalacións, de servizos, que ofrece o marco da Eurorrexión.

Lete destacou outras actuacións da Xunta como o novo decreto de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, que inclúe, entre outras vantaxes, a Oficina de Atención ao Deportista, que ofrece asesoramento sobre recursos e servizos para o desenvolvemento integral do deportista, durante e despois da carreira deportiva (formación, inserción laboral, conciliación laboral-deportiva e académico-deportiva...).

A Xunta traballa para afianzar Galicia como potencia do turismo deportivo

Te puede interesar