Lete Lasa defende o traballo “consensuado e coordinado”
lll
17º-23º

Lete Lasa defende o traballo “consensuado e coordinado”

Lete Lasa defende o traballo “consensuado e coordinado”
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, comparece na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, para explicar as actuacións do departamento ante a situación xera

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, compareceu na mañá de hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia para explicar as actuacións do departamento ante a situación xerada pola Covid-19 e a situación actual do deporte galego. Alí asegurou que a pesar da situación actual no contexto do Estado, “Galicia resiste como unha das catro comunidades coas mellores cifras en canto a incidencia do virus, porque fixemos moitas cousas e moitas cousas ben”. “E o deporte galego sabe moito de traballo ben feito”, sentenciou.

Neste sentido, o secretario xeral fixo un repaso de todo o que leva feito a Xunta desde a Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta á contención do virus nos últimos sete meses nos que “o deporte galego non deixou nin un só minuto de traballar”. En liñas xerais, Lete Lasa destacou o consenso nas decisións tomadas “con todo o tecido deportivo galego”; o seu fundamento en “regras e criterios de expertos”; así como a priorización da “protección e a saúde da nosa poboación, cun escrupuloso control das autoridades sanitarias”.

Moitas reunións

O mandatario galego destacou as reunións levadas a cabo con todos os membros do sector tanto no contexto local, autonómico ou nacional e enumerou as actuacións que permitiron ao deporte soportar de mellor xeito a pandemia como o anticipo dos pagos dos convenios con todas as federacións deportivas de Galicia -en marzo xa tiñan abonados os importes- ou o mantemento íntegro das ordes subvencións. No que atinxe á actividade ordinaria da Secretaría Xeral, Lete Lasa destacou o pulo ao deporte de alto nivel, acadando o maior número de deportistas de alto nivel (521 grazas a prórroga dos recoñecementos), as bolsas DGAN e sobre todo, o novo decreto, unha das normas máis actuais e completas do Estado.

Lete Lasa informou tamén do novo Plan de patrocinio da Fundación Deporte Galego e da alianza con ABANCA durante cinco anos máis por un total de 5 millóns de euros, así como do primeiro Plan de patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos.

O Programa Xogade xa conta cun novo seguro para as vindeiras dúas tempadas para que todos os nenos galegos poidan realizar a práctica deportiva de xeito seguro sen repercutir o gasto da póliza nas familias. Cómpre salientar tamén a reactivación da Escola galega do deporte, coas primeiras actividades formativas desde hai dez anos; o convenio asinado coa UFEDEGA para desenvolver actuacións de formación ou a participación e o liderado en iniciativas como as ‘Píldoras Solidarias’ ou ‘Adestra na Casa’, ferramentas chave para os deportistas durante o confinamento.

Setenta protocolos

O CGTD reabriu as súas portas o 11 de maio cun protocolo básico de actuación e comezou o novo curso cun total de 168 prazas concedidas, un 5% máis con respecto ao curso anterior. O CGTD “é un espazo seguro coa realización de tests serolóxicos cada dúas semanas”. Son estes protocolos, “o esforzo máis importante levado a cabo xunto ás federacións”. l

Lete Lasa defende o traballo “consensuado e coordinado”

Te puede interesar