Simón Lamas: “Oxalá sexa un ‘plus’ a maior experiencia dos nosos”
lll
17º-23º

Simón Lamas: “Oxalá sexa un ‘plus’ a maior experiencia dos nosos”

Simón Lamas: “Oxalá sexa un ‘plus’ a maior experiencia dos nosos”
O preparador do conxunto chairego, nunha imaxe de archivo | AEC

Usuario

Dez partidos seguidos sen gañar non asustan a Simón Lamas, que con tan só 32 anos xa leva ás costas seis tempadas como adestrador do Racing Vilalbés. O pasado curso logrou o ascenso a Segunda Federación, o éxito máis grande da historia do conxunto da Terra Chá, e agora confía en manter a categoría. Un primeiro paso sería vencer ao Fabril de Óscar Gilsanz, ‘mestre’ e amigo.

 

As vosas opcións de permanencia están aínda intactas xa que a vedes a tan só un punto, pero ¿de qué forma se xestiona unha xeira tan longa sen sumar unha vitoria?
Para nós está sendo un momento complicado, sobre todo no aspecto emocional. O equipo compite moi ben, fai moitas cousas ben, pero estanos a costar facer gol; e creo que somos especialmente perigosos co marcador a favor. Hai moita igualdade e aínda quedan varios enfrontamentos contra rivais directos, polo que o único no que nos centramos agora mesmo é en lograr unha vitoria que nos cambie a dinámica, porque a nivel de fútbol e de sensacións o equipo merecería seis-sete puntos máis seguro e estaríamos falando doutra situación. Sen ir máis lonxe, vendo o partido do Fabril ante o Zamora, no que poden encaixar o 2-0 varias veces, non lles sucede e varios errores do rival danlles a opción de meterse no partido. A nós non nos está sucedendo iso, estamos tendo dificultades para facer gol, son oito seguidos e é un dato que empana o bo facer do equipo en moitas facetas. Necesitamos esa vitoria que nos cambie a sensación a nivel de resultados e a partir de aí o equipo está preparado para pelexar ata o final polo obxectivo da permanencia.

 

¿Como traballas para solucionar ese bloqueo de cara a porta, ou iso é cuestión de sorte?
Algo de fortuna si. Volvendo ao Fabril ante o Zamora, o primeiro é un pase atrás dun defensor do Zamora que lanza o porteiro e da no dianteiro do Fabril, e o segundo un saque de banda que pode estar mellor defendido. A fortuna inflúe, pero tamén sabemos que somos un equipo de características máis ben defensivas, que encaixa pouco. O equipo xenera ocasións e os datos dinnos que facemos máis cousas que na primeira volta. O equipo está traballando ben durante a semana para solucionar o problema, que engloba a todos, non só aos xogadores de ataque. Estaríamos máis preocupados se houbese dificultades para xerar. Estou convencido de que en canto chegue o gol, as cousas van a cambiar.

Estou convencido de que en canto chegue o gol, as cousas van cambiar

 

¿Entón non ves tanta diferenza entre a primeira e a segunda volta en canto a xogo?
Non, non. Ao estar nunha dinámica negativa analizas moitísimo os partidos, e hai moitas similitudes. Cando nos poñemos por detrás o equipo a nivel psicolóxico está máis afectado, pero intentámolo ata o final. Ante o Compostela fixemos un dos mellores partidos e ao Ourense CF, o mellor equipo da categoría, puxémolo en moitas dificultades.

 

Imaxino que tamén entraba dentro dos plans que puidera haber unha xeira como esta.
Si, si. Creo que a primeira volta nos fixo ver as cousas un pouco diferentes. Nin antes éramos o mellor equipo da historia do Vilalbés nin agora... Estamos nunha categoría super esixente, incrible, que nos acerca case ao profesionalismo, e temos que afrontar cada partido como se fose unha final. Ir semana a semana e ter os pes no chan. Sabíamos que íamos sufrir e que se nos metemos no noso papel teremos opcións, porque non temos obriga como outros clubs.

 

¿Que che parece o Fabril?
Coñecémolo moito, porque ‘collemos’ a todos os rivais que deixan. Vounos ver sempre que podo, e teño un gran amistade co adestrador, así que non nos sorprendemos. A nivel ofensivo ten moita calidade en tres cuartos. Eles si teñen a obriga, nos non tanto. Veñen de pagar traspasos, de fichar xogadores de moito nivel en Segunda ou incluso Primera Federación. Xogadores como Jairo ou Diego con contratos profesionais e miras de chegar ao primeiro equipo. A nivel de organización e equilibrio dache a sensación de que é un filial moi competitivo, que encaixa pouco, cun bo traballo do seu adestrador. Organízase ben no defensivo e logo no ofensivo ten moito talento individual e diferentes perfís, xogadores moi desequlibrantes en segunda liña.

 

¿Como viches o partido da primeira volta?
Igualado, moi parello, sabíamos que se podía decidir por detalles. Creo que fomos lixeiramente superiores, sobre todo na primeira parte tivemos unha ocasión moi clara, pero nesta categoría non podes perdoar. Modificamos o sistema, iso perturbou aos futbolistas e rematamos perdendo tras unha xenialidade de Nájera nun balón perfectamente enviado á espalda dos nosos centrais. Creo que este vai ser parecido, máis alá de que os partidos da segunda volta entre rivais directos hai que xestionar ben as emocións. Oxalá a maior experiencia dos nosos xogadores nestas sitaucións supoña un ‘plus’.

 

É un rival que persoalmente se che da ben.
Si... Dánsenos ben ese tipo de rivais, que queren ser protagonistas, que teñen que levar a iniciativa polo que son, polos obxectivos que teñen, pola calidade individual dos seus futbolistas. Agora teñen algo máis de regularidade, con máis xogadores durante a semana e iso os fai máis perigosos. Oxalá gañemos, pero tamén desexarlle sorte porque lles temos aprecio en Vilalba e polo seu adestrador.

 

Sempre lle estarei agradecido a Óscar, ensinoume moitísimo sobre fútbol

¿Como evolucionou no tempo a túa relación con Gilsanz?
Eu son unha persoa de Vilalba, que traballou sempre no club e ves todo tipo de persoas. Con Óscar chegou unha persoa moi sa, que veu a traballar e non pensaba só en si mesmo, que se preocupaba por todas as instancias do club. Fixemos un bo traballo xuntos e iso levounos a unha boa relación. Vimos de escolas moi parecidas e ensinoume moitísimo sobre fútbol e como preparar os equipos. Sempre lle estarei agradecido. Oxalá o domingo poida gañarlle porque o necesitaremos e xa pagarei a comida ou a cea (risas), pero deséxolle moita sorte porque o merece e oxalá no Deportivo poidan disfrutar de el, porque me consta que está disfrutando moitísimo no seu Deportivo.

Simón Lamas: “Oxalá sexa un ‘plus’ a maior experiencia dos nosos”

Te puede interesar