Simón Lamas: “Para nós é un premio estar nesta situación dependendo de nós”
lll
17º-23º

Simón Lamas: “Para nós é un premio estar nesta situación dependendo de nós”

Simón Lamas: “Para nós é un premio estar nesta situación dependendo de nós”
Simón Lamas, entrenador del Racing Villalbés, en el partido ante el Arosa en A Lomba esta temporada | Gonzalo Salgado

Usuario

Se o partido da primeira volta foi emocionante porque estaba en xogo rematar o ano no primeiro posto, que dicir do Fabril-Villalbés deste domingo en Abegondo. Será a primeira posibilidade do Depor B de gañar –dependendo do que faga tamén o Arosa– pero o equipo de Simón Lamas non o porá fácil porque só pensa en certificar o ‘playoff’.

 

1. Os dous últimos rivais: Fabril e Arosa

O Villalbés ten, sobre o papel, os dous enfrentamentos máis esixentes nas dúas últimas xornadas. Simón Lamas explica que “o calendario pode ser, a priori, o máis complicado pola posición dos nosos dous rivais pero entendo que o que se xogan eles tamén é súper importante. Todos os equipos teremos que controlar moito as nosas emocións porque todo o mundo se xoga algo. Son encontros que tradicionalmente se nos dan ben á hora de competir. Na segunda volta, na que estamos a ser un pouco máis irregulares que na primeira, fomos ao campo do Gran Peña sendo superiores ao rival e conseguimos un empate. Tamén levamos un punto do Couto e no tramo final merecemos un gol que nos dese os tres puntos. Neste tipo de partidos nos que os rivais se teñen que expoñer –ao Fabril non lle queda outra que gañar– estamos a bo nivel. Máis que no calendario temos que pensar exclusivamente no partido deste domingo porque sabemos que, se o gañamos, xa teríamos a clasificación para a fase de ascenso. Tamén veremos o que sucede noutros campos e o que nos faría falta en caso de non ser capaces de gañalo. Xa demostramos no partido da primeira volta contra o Fabril que fomos claros merecedores da vitoria na Madalena”.

 

2. Fixo cálculos para o ‘playoff’ o Villalbés?

Sacou Simón a calculadora? “O único que fixemos é preparar o partido, ver encontros dos Fabril e tratar de buscar como podemos gañar. Con tres puntos sabemos que estaríamos dentro e, cando menos, de non ser quen de gañar en Abegondo, teremos a opción de poder facelo na casa contra o Arosa. Eses tres puntos son os que vamos a buscar, os que nos preocupan e os únicos cálculos que fixemos ata o momento”.

 

3. Non clasificarse sería un fracaso?

Simón non quere pensar na posibilidade de non conseguir a clasificación para o ‘playoff’. “Habería que analizalo unha vez que remate a tempada, pero nós estamos convencidos de que o imos conseguir. Só nos faltan tres puntos para conseguilo. Se non é así, tocaranos facer balance máis adiante. Teremos que evaluar todos os puntos da tempada, da primeira e da segunda volta, de que pasou na segunda pero agora mesmo o único foco que temos son eses tres puntos. Comezamos a tempada con moita ilusión e fomos ao parón coa opción de poñernos primeiros contra o Fabril nun partido no que fomos superiores. A segunda volta, evidentemente, foi máis irregular e teremos que analizala. A pesar de que tivemos máis derrotas, o equipo competiu en todos os partidos e tivemos momentos para poder gañar e iso dame seguridade de cara a conseguir a clasificación para a fase de ascenso”.

 

4. Momento de xogo do equipo neste tramo

O adestrador do Villalbés analizou o momento de xogo no que chega o seu equipo ás dúas últimas xornadas. “Estamos tendo algunha baixa que a nivel ofensivo nos resta un pouco de posibilidades. Pablo Rey, Marcos Álvarez e Javi Rey non puideron estar ao 100% nos últimos partidos por problemas físicos e perdemos a Santi tres partidos por unha sanción. Son xogadores determinantes non só para nós senón tamén na liga e non puidemos contar con eles en varios partidos da segunda volta. Ofensivamente, o equipo estivo un pouco debilitado por esas baixas que esperamos tres poidan estar o domingo en Abegondo, e privounos de matar certos partidos como o do Alondras ou o do Paiosaco. A nivel defensivo, estamos satisfeitos porque o equipo mantén os números, encaixamos moi pouco, somos consistentes e, polo xeral, recibimos poucas ocasións de gol. É unha gran arma para poder contrarrestar o talento ofensivo de rivais como o Fabril e o Arosa nas dúas últimas xornadas. Estes partidos que nos quedan van ser un pouco diferentes, máis de transitar e de ser máis verticais e neses contextos o equipo sempre se manexou moi ben”.

 

5. O quinto peor equipo da segunda volta

O Villalbés pegou un baixón importante en canto a resultados na segunda volta. “En moi poucos partidos tivemos a todos os xogadores disponibles. Temos un plantel moi curto e incorporamos a un xogador que despois de quedar fóra dunha convocatoria solicitou marchar. Tivemos problemas de número. No partido contra o Paiosaco, na segunda parte, só tiñamos as opcións de meter a Buyo e a Cadra, un central do filial. Non tiñamos capacidade para facer trocos ofensivos. Cando tes un plantel curto, as baixas penalizan máis. Enfrontámonos a rivais de moito nivel, de moito maior presuposto, de maiores posibilidades e que teñen mellores horarios de adestramentos. Para nós é un premio estar aquí. Dependemos de nós. Os rivais que están por debaixo teñen que pensar en conseguir os puntos que nos xa temos. No día a día o traballo é magnífico e os xogadores están a demostrar que cren, que queren asegurar esa praza de ‘playoff’ e iso é o máis importante. Os resultados dependen de momentos, dunha decisión arbitral, dunha ocasión que ti erras e o rival non. A análise non se pode basear só en puntos”.

 

6. Como defender a un equipo como o Fabril

Como se pode anular o potencial ofensivo do Fabril “Ante os equipos que teñen profundidade, xogadores veloces e capacidade para ameazarte ás costas o mellor é defender ou moi lonxe da túa portería ou moi cerca. Se te posicionas en intermedio vas permitir espacios aos xogadores que circulan e espacio nas costas para os xogadores que cortan. Os partidos hai que xogalos e, a partir de aí, moitas veces terás que plantexar dunha forma ou doutra en función do que vaia sucedendo, do cómodo que estea o rival, do cómodos que esteamos nós. No partido da primeira volta defendemos ao Fabril moito máis arriba do que incluso nós pensabamos. O Fabril non está sendo capaz de sacar os últimos partidos adiante con excesiva soltura aínda que contra o Somozas si foi superior. A nivel defensivo teremos que estar moi ben porque o rival nos vai esixir moito. Agora, con Mella ten máis profundidade, Ochoa desmárcase moi ben, Davo está empezando a entrar e é moi importante nos desmarques. Temos que ser capaces de incomodar moito a saída de balón do Fabril e, se non, entregarlle o balón e non darlles espacios cercanos á nosa portería. O tramo inicial do partido vai marcar moito. Nos teremos que interpretar ben cada momento do partido para ser capaces de ser efectivos nun ou noutro posicionamento. O importante é traballalos ben e identificar cada momento que se pode dar”.

 

7. O plan de partido en Abegondo


Que debe facer ben o Villalbés para ter opcións de gañar en Abegondo? “É un partido que sempre nos gusta xogar e competir. A maioría dos nosos xogadores teñen experiencia na categoría. Teremos que ser todos moi solidarios, sacrificados e responsables dentro do noso xogo para ser eficaces a nivel defensivo e, despois, tomar boas decisións en ataque. No último tramo do campo rival, ser efectivos e aproveitar os espacios que nos permita o Fabril. Con balón temos que interpretar ben todas as situacións. O importante é que os xogadores cheguen co plan ben aprendido ao domingo. Individualmente teremos que estar moi ben, incluso o adestrador para modificar cousas. É un partido e un escenario que se nos poden dar ben sabendo ademais que o Fabril é o equipo que máis se xoga porque necesita gañar para conseguir ou ascenso ou, polo menos, para depender de si no último partido”.

 

8. Cal dos dous equipos terá máis presión?

Neste aspecto, Simón teno claro a pesar de que se o seu equipo perde en Abegondo pode complicar seriamente a súa presencia na fase de ascenos. Para el “a nivel de presión non se pode comparar a dun equipo co doutro. O Fabril leva toda a tempada neses postos altos. É un club cunha estructura profesional. A maior parte dos seus xogadores pensan en chegar a categorías e que este é o seu modo de vida; teñen todo o día para pensar nisto. Son os que máis se xogan porque, disputar un ‘playoff’ despois de ter tan cerca o ascenso, sería complicado. Por iso, tanto Fabril como Arosa xóganse moito máis. O noso equipo ten un prisma moito menos profesional. A maioría dos nosos xogadores teñen outro traballo e outras ocupacións. Queremos conseguilo e traballeremos para conseguilo pero os que máis se xogan son os nosos rivais pola súa profesionalidade. Para eles é un obxectivo prioritario”.

 

9. O seu favorito para gañar o título de liga

Sobre o seu favorito para gañar a liga di que “gustaríame que o gañase o equipo que o mereza. Nós queremos gañar os dous partidos e que despois dependa deles. Probablemente os dous fixeron méritos ao longo da temporada para conseguilo. É un pulso moi complicado porque aguantar eses tiróns é difícil. Nós trataremos de gañar e que dependa deles no partido restante de cada un. Pola amizade que me une ao adestrador do Fabril gustaríame que o conseguira o Fabril, pero máis por un tema persoal que por outra cousa porque a nosa idea é gañar os dous partidos”.

 

10. Onde estará Simón o próximo curso?

A pesar da súa xuventude (cumpriu 31 anos o pasado mes de xaneiro), Simón Lamás é un dos adestradores da Terceira galega que máis tempadas leva ao fronte do mesmo equipo. “O futuro pasa por Abegondo o domingo ás doce. Non hai moito máis que pensar que ese partido. O obxectivo, pelexar por un ‘playoff’, é o suficientemente importante e eclipsa calquera tipo de situación tanto do meu futuro como do de calquera. O único que ocupa a miña cabeza é ser capaces de gañar en Abegondo o domingo e celebrar a consecución dunha fase de ascenso e poder disfrutalo despois. A partir de aí, o futuro verase nos seguintes meses”.ores da vitoria na Madalena”, rubrica Simón Lamas.

Simón Lamas: “Para nós é un premio estar nesta situación dependendo de nós”

Te puede interesar